Saltar navegación

PRACTICA 3

Control dun LED cun premedor

Nesta práctica imos controlar o funcionamento dun LED cun premedor, de xeito que cando estea activado o LED teña un funcionamento e cando non estea activado outro diferente.

Traballaremos cunha entrada (premedor) e unha saída (LED) e algunha función nova de Arduino.

if (condición)
{
    // execútase se a condición se cumpre
}
else
{
    // execútase se a condición non se cumpre
}

==: igual a
!=: distinto de
<: menor que
>: maior que
<=: menor ou igual que
>=: maior ou igual que