Saltar navegación

SATÉLITES

Algún dos sistemas de telecomunicación que se incorporan na MarumaSat empregan os satélites para retransmitir información. Averigua que tipo de radiación empregan e a que distancia da superficie terrestre orbitan.

Aprende

Os sistemas de telecomunicación que empregan a transmisión por satélite funcionan con microondas e presentan a grande vantaxe de salvar grandes distancias sen ter en conta a topografía ou a orografía do terreo.

Os satélites de comunicacións atópanse nunha órbita xeoestacionaria, é dicir, permanecen inmóbiles sobre un determinado punto do planeta. Para o lograr, compre que a súa velocidade de traslación sexa igual que a velocidade de rotación da Terra o que se consegue cando se atopan a uns 36.000 km de altura sobre o plano do Ecuador terrestre.

Actúan basicamente coma un repetidor situado no espazo: recibe os sinais enviados desde a estación terrestre e as reenvía a outro satélite ou de volta aos receptores terrestres. Destínanse a emisións de televisión, de telefonía (por satétite), á transmisión de datos a longa distancia e a detección e difusión de datos meteorolóxicos.

As antenas empregadas nas comunicacións vía satélite son as antenas parabólicas.

Working satellite television. Wikimedia. Sebas007. Public domain.