Saltar navegación

TINKERCAD

Aprende

Tinkercad é unha aplicación web gratuíta que permite a simulación de circuítos electrónicos de xeito sinxelo, previo rexistro cunha conta de Google. Tamén permite a simulación coa placa Arduino e a obtención do código correspondente.

Inicio

Na pantalla de inicio, para iniciar un novo circuíto debemos facer clic en "Circuits" e a continuación en "Create new Circuit".
Pantalla inicio Tinkercad. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Zona de traballo

Na zona de traballo ou de simulación de circuítos, debemos diferenciar os seguintes espazos:

- o reservado para nome do arquivo: por defecto Tinkercad asigna un nome a cada arquivo (son moi curiosos!!!, máis adiante aprenderemos a modificalos).

- onde se indica que todos os cambios foron gardados: "All changes saved" (este proceso é automático).

- a zona de compoñentes: para atopar un compoñente podemos buscar na lista despregable elixindo entre "Basic" ou "All" ou, na caixa de busqueda, teclear o nome do compoñente en inglés. Unha vez localizado o compoñente hai facer clic nel e, sen soltar, arrastralo á zona de traballo.

Pantalla circuíto Tinkercad. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Renomear un arquivo

Para renomear un arquivo debemos voltar á pantalla de inicio, para o cal facemos clic, primeiro no logo de Tinkercad, situado na esquina superior esquerda da pantalla e despois en "Circuits".

Aparecerá entón unha icona para cada un dos circuítos creados e se pasamos o rato sobre ela podemos ver dúas opcións: modificar (abre o circuíto para traballar con el) e o símbolo dun engrenaxe que da acceso ás seguintes opcións: "propiedades", "duplicar", "mover a proyecto"  e "eliminar".

Se eliximos "propiedades" ábrese unha ventá como a que se mostra na imaxe, na que podemos cambiar o nome do circuíto, engadir unha descripción e/ou palabras clave (tags), cambiar a visibilidade do circuíto (privado ou público) e o tipo de licencia que lle outorgamos. Non debemos esquecer gardar os cambios ao rematar.

Renomear circuíto Tinkercad. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0