Saltar navegación

CONTROL PROGRAMADO

O sistema de control que se emprega na MarumaSat é de lazo aberto programable. Que vantaxe supón isto? Que elementos adicionais se inclúen na súa estrutura?

Aprende

Os sistemas de control poden construirse empregando dúas tecnoloxías diferentes:

- control cableado: constituídos básicamente por un circuíto electrónico que dirixe o seu funcionamiento.

- control programado: empregan dispositivos que poden almacenar no seu interior un programa. Desta forma, para cambiar o seu funcionamento non é necesario alterar ningún circuíto, basta con cambiar as instrucións do programa. Estes sistemas están constituídos polas entradas, os sensores, as saídas e os actuadores, pero ademais dispoñen de:

  • Tarxeta controladora: plataforma hardware sobre a que se descarga e executa o programa de control. A controladora conéctase a un porto do ordenador (USB) coma un periférico máis.
  • Programa: conxunto de instrucións que a controladora executa para facer funcionar o sistema. Analiza os sinais captados polos sensores e en función do seu valor xera as sinais de saída adecuadas para activar os actuadores. Para modificar o funcionamiento do sistema, modifícase o programa.

Sala de control.  Pixinio. Don Greenberg. CC0 1.0