PROGRAMA 3. SEMANA 11F: entrevista a Beatriz Pérez, Doutora en Informática.
Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC. Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.
SEMANA 11F: Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.
As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos Xoel Rego de 1.ºBAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.
Durante a pasada semana mais de 800 escolares galegos de ESO e Bac participaron no Ágora na 12ªedición de "A maxia de robótica" Obradoiro o e concurso organizada por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) coa colaboración do da Concellería de educación de A Coruña no marco do seu programa formativo en Robótica e programación . Nesta fase participou con moito interese alumnado do noso centro, dos grupos de Educación dixital de 3º, Tecnoloxía de 4º de ESO, de Tecnoloxía e enxeñaría e de TICs de 1º de Bac.Como segunda parte desta actividade formativa tres grupos representaron ao alumnado de Zalaeta e participaron no Obradoiro e concurso de Drons: Guillermo, David e Rodrigo de 3.° da ESO, e Gianni, Noa e Pablo de 4.°e José e Javier de 1º de Bac, cós profesores Belén Abella, José Mendoza e Paz Freire.O grupo gañador por ter obtido a mellor puntuación na competición tras superar os retos propostos foi o formado por Javier de la Cruz e José Francesch, de IES Menéndez Pidal, coa súa profesora Paz Freire.Mais información en Igaciencia e en Educa Coruña e nas redes do noso Club de ciencia e tecnoloxía ZalaTecno (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) e en La Voz de Galicia
O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.
LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer