Punto Laranxa contra o acoso escolar

Matemáticas

11F

PROGRAMA 3. SEMANA 11F: entrevista a Beatriz Pérez, Doutora en Informática.

Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC.  Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

 

Blog O Son das Aulas

Ivoox

Spotify

11F

SEMANA 11F: Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.

As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos  Xoel Rego de 1.ºBAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A  fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.

A entrevista está xa dispoñible en:

 

ACTIVIDADES 11F

Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

EXPOSICIÓN CONVERXENCIAS, ARTE E CIENCIA

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO que cursan Matemáticas Académicas asistiron o 24 de xaneiro á inauguración da Exposición Converxencias, Arte e Ciencia. A actividade, que tivo lugar no centro Ágora, consisitiu nunha presentación sobre Juan Gris e as obras de arte dixital en 3D que se completou con obradoiros prácticos. Esta saída estivo organizada polo Departamento de  Matemáticas. As profesoras Almudena, Luisa e Victoria acompañaron ao alumnado.

 

Celebración do Día Escolar das Matemáticas

 O 12 de maio celebrouse o Día Escolar das Matemáticas.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer