Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.
O venres 27 de novembro tivo lugar na Domus a estrea do documental do proxecto de Deseño e Son. Estamos orgullosos e orgullosas do traballo desenvolvido durante estes anos polas profesoras coordinadoras, Paz e Isabel, e de todo o alumnado participante, sen o cal este proxecto non sería posible.
A curta pódese ver na seguinte ligazón: DOCUMENTAL PROXECTO DESEÑO E SON
O instituto estivo representado na edición de Maker Faire Galicia cos proxectos desenvolvidos polo equipo de Deseño e Son.
No seguinte VÍDEO o profesorado e alumnado participante explican estes proxectos e a súa utilidade. Parabéns polo esforzo e as gañas que amosades en todo o que facedes!
O alumnado integrante do proxecto Deseño e Son realizou un obradoiro na ONCE no cal deseñaron obxectos de axuda e recibiron formación de persoas especialistas en discapacidades visuais. Toda a información das actividades desenvolvidas e a galería no blog de ZalaTecno.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer