Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Película GALLO. 25 de novembro no Fórum Metropolitano

Esta película foi rodada parcialmente no noso centro e tras pasar polo mesmísimo festival de San Sebastián chega á nosa cidade. Aquí deixamos o enlace do trailer e no adxunto a información do Concello para ir vela.

Para o alumnado proxectarémola a a finais do trimestre de xeito gratuito no Salón de Actos.

La imagen puede contener: una persona

Escaparate de Nadal

Marabilloso escaparate deseñado polo alumnado de Escaparatismo.

Programa de Mobilidade de FP Dual

Esta semana o alumnado de 1° Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de 1° Ciclo Medio de Comercialización do Produto Alimentario atópase en Rennes (Francia) e en Giulianova (Italia), respectivamente, desfrutando do Programa de Mobilidade de FP Dual. Ao longo desta semana realizarán diferentes actividades en institutos das respectivas cidades, visitas a empresas, saídas culturais, etc. coas que mellorar as súas competencias lingüísticas e culturais.

 

TÍRALLE DA LINGUA

O 28 de novembro celebrarse en Santiago a fase final do Concurso de Relato Oral "Tíralle de Lingua". Unha vez realizada a preselección para as dúas categorías, temos o pracer de anunciar aos candidatos e candidatas que representarán ao IES Ramón Menéndez Pidal. Parabéns e noraboa a todos e todas as que participastes!

MAGOSTO

O mércores 20 de novembro celebraremos o Magosto no instituto. Haberá castañas, xogos populares e doces preparados por alumnado de 4º da ESO. Máis información no documento adxunto.

APRENDEMOS A MONTAR EN BICI

Desde hai unhas semanas o Departamento de Educación Física participa no programa  "Rodando pola nosa historia" en colaboración coa sección de Educación Vial da Policía Local da Coruña, xunto co colectivo Mobi-Liza e grazas á colaboración de BiciCoruña. Realizáronse obradoiros de ergonomía, mecánica básica da bici e de educación vial e mobilidadae sostible. Xa coas instrucións e a teoría aprendidas, só queda...subirse á bici!

Máis información dispoñible no blog "Movendo o cu!"

 

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer