FacebookSíguenos en YouTube

Mes de Rosalía

Ola! Como ben sabedes, este mes é o mes dedicado a Rosalía de Castro e desde a Biblioteca fóronse levando a cabo diversas actividades. Como colofón queremos facer un mosaico con fotos dos distintos membros da comunidade educativa coa imaxe de fondo de Rosalía, como fixemos o curso pasado coa de Cervantes. Tod@s os que esteades interesados en participar poñédevos en contacto con algún membro do equipo da biblioteca para que vos faga a foto. Para o alumnado seguiremos o seguinte horario: 2º ESO: Venres 23 de febreiro (3ª hora): Francés e Reforzo 3º ESO: Venres 23 de febreiro (3ª hora): Música 4º ESO: Mércores 28 de febreiro (3ª hora): Relixión e Valores éticos 1º Bach A: Martes 27 de febreiro (4ª hora): Historia e Literatura Universal 1º Bach B: Xoves 1 de marzo (4ª hora): Galego 1º FP Básica: Xoves 1 de marzo(3ª hora): Comunicación e Sociedade 2º FP Básica: Xoves 1 de marzo (4ª hora): Ciencias aplicadas 2º Bach e Ciclos: Baixarán á Biblioteca nos recreos Grazas e desculpade as molestias O equipo da Biblioteca,