Novidades

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

______________________

MATRÍCULA ANTICIPADA NAS ABAU (07-25 DE MAIO)


O alumnado deste centro que se atope realizando a FCT e queira participar nas ABAU deberá formalizar a matrícula anticipada do 7 ao 25 de maio. Deben pasar con antelación pola secretaría do centro para corrixir o impreso de prematrícula e recoller os impresos, certificacións e información necesaria.

As dúbidas poden consultarse de xeito presencial na mesma secretaría de 09.00 a 14.00 h. ou ben no teléfono 886120016.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

Xa se pode consultar no IES María Soliño a listaxe provisional do alumnado. Admisión curso 2021/2022.

Contra esta listaxe provisional de personas admitidas e non admitidas poderan presentar reclamación dende o luns 26 de abril ata o 30 de abril de 2021 na secretaría do IES María Soliño.

De acordo coa normativa vixente non se pode dar información por teléfono sobre estas listaxes. Poden, polo demais, consultarse de xeito non presencial única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

 

CRIBADO COVID-19 12-17 ANOS


O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra diríxese á comunidade escolar da provincia para a realización dun Cribado do Covid-19 destinado a estudantes entre os 12 e 17 anos en farmacias da provincia.

 

 

3ª PROBA DE PENDENTES ESO-BACHARELATO: ABRIL 2021-MAIO 2021

Os interesados poden consultar o horario da 3ª proba de materias pendentes de cursos anteriores. Prégase a máxima atención ás datas para bacharelato e para a ESO, xa que se van realizar en meses diferentes. As dúbidas poden consultarse na Xefatura de Estudos do centro ou nos Departamentos Didácticos correspondentes.

 

 

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

 

 Proceso de Admisión

Neste centro é necesario baremar as solicitudes de admisión para:

  • 1º de ESO

  • 1º de Bacharelato de Ciencias.

 

O prazo para a presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo alegados vai do 25 de marzo ao 12 de abril (horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas) 
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 886120016 da secretaría do IES María Soliño dentro do horario de atención ao público.

 

Non é preciso baremar polo que estan admitidos/as sen necesidade de baremo os alumnos/as que presentaron solicitude de admisión para:

 

  • 2º de ESO

  • 3º de ESO

  • 4º de ESO

  • 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

  • 1º de Bacharelato de Artes

  • 2º de Bacharelato de todas as modalidades.

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2021-2022

 

O prazo para presentar a solicitude de admisión de prazas é do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos.

A solicitude cubrirase preferentemente na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

 

Xunto coa solicitude correctamente asinada presentarase a seguinte documentacion:

 

·      Documento acreditativo da idade do alumno (DNI do alumno, se o alumno non ten DNI copia do libro de familia).

·      DNI do proxenitor que asine a solicitude de admisión na páxina 4 que e o que figura en primeiro lugar na páxina 1 da solicitude de admisión (DNI dos 2 proxenitores nos casos de separación e divorcio ou en caso de opoñerse a consulta de datos).

·      Certificado oficial do expediente académico (Certificado de matricula e certificación académica).

·       Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

 

Información básica

Solicitude 

Lexislación aplicable

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Orde do 18 de decembro de 2020

Resolución de desempate puntuación final

Nota: Dous días despois de rematado o prazo para presentar a solicitude de admisión, o día 24 marzo, publicarase nesta páxina web a información dos cursos e modalidades que deben ser baremados por existir máis solicitudes presentadas que prazas vacantes no centro. 

 

PROTOCOLO COVID-19

A comunidade escolar do IES María Soliño pode consultar diferentes arquivos relativos ao protocolo de actuación fronte ao COVID-19 (resumo protocolo, programa de acollida, plan de continxencia, etc...) no noso centro premendo aquí ou ben seguindo a ruta: CENTRO > Documentos > Protocolo COVID. 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

A comunidade escolar do IES María Soliño pode consultar a lista de libros de textos fornecida polos diversos departamentos. Aconséllase no caso de dúbida poñerse en contacto co departamento afectado ou agardar ao comezo do curso escolar.

Libros de texto

 

  

 

 

 

 

 

 Contacta con nós

 

 

 

 

   Novas anteriores  
Distribuir contido