Extraescolares e complementarias

Actividades Extraescolares e Complementarias

As actividades Complementarias e Extraescolares representan, no María Soliño, un apartado importante dentro do proxecto educativo e por iso teñen un peso significativo na programación ao longo do curso.

O obxectivo fundamental destas actividades é potenciar a educación integral do alumnado tanto no ámbito académico como no de desenvolvemento duns determinados valores persoais de traballo, respecto, tolerancia e compañeirismo.

Estas actividades deben ser na súa maioría formativas, sociais, culturais, lúdicas, nalgúns casos, e en maior ou menor grao, interdisciplinares e globalizadoras, que permitan conectar a vida do Centro coas diversas materias e a vida real do noso contorno.

En cada nivel pódense ver as actividades que propoñen para realizar neste curso os distintos departamentos. Irase completando a información a medida que se vaian realizando as actividades

VIVE A MÚSICA

Por segundo ano consecutivo e como peche de curso, o día 23 celebramos "Vive a música". A partir das 11,00 h. o salón de actos converteuse nunha eclosión de son. O alumnado de 3º A da ESO principiou a actividade cunha sesión de percusión. Seguiron Farinha Trigha, coa súa música Folc-Rock-Bravú; un grupo de gaitas de alumnos/as con música popular; Mother Skull e o seu estilo metal. A continuación, piano, trompa e guitarra pasaron polo escenario da man de Elsa, Wilko, Nerea, Faustino, Juan, Claudia e a profesora Elena. No intermedio fíxose entrega dos premios de Poesía María Soliño, do que damos conta noutro evento.

 

PREMIOS POESÍA MARÍA SOLIÑO

Como cada fin de curso o IES María Soliño encheuse de poesía. O día 23 de xuño fíxose entrega dos premios aos gañadores do 25 Certame de Poesía María Soliño. O veredicto do xurado, do que formaron parte Lucía Novas e Elvira Riveiro, foi como segue:

Categoría A (alumnado da ESO)

  • 1º Premio: Aitor Outeiral Currás (4º ESO, IES María Soliño)
  • 2º Premio: Rosa Elena Veiga Otero ( 2º ESO, CEIP de Vedra- A Coruña)
  • 3º Premio: Aarón Costa Piñiero (4º ESO, IES María Soliño).

Categoría B (alumnado de Bacharelato)

  • 1º Premio: Marina González Guerreiro (1º Bach., IES  Politécnico de Vigo)
  • 2º Premio: Sabela Rodríguez Lorenzo (1º Bach., IES Monelos, A Coruña)
  • 3º Premio: Cristina Caínzos González (2º Bach., IES Ricardo Carballo Calero, Ferrol) 

Haberá un acto conmemorativo o vindeiro curso para celebrar os 25 anos deste certame.

TEATRO LIDO

Nesta actividade da materia de Literatura Española os alumnos/as de 4ºA/B puxeron en escena Hamlet de Shakespeare e La zapatera prodigiosa de García Lorca. A escenificación consistíu en teatro lido con ambientación, decorados e caracterización baseados na obra de referencia. Esta experiencia foi moi valorada polo alumnado, tanto na súa vertente lúdica como na que atingue á realización dun traballo feito en equipo e con grandes doses de responsabilidade individual.

O PRINCIPIÑO

Esta representación teatral é unha actividade de lectura, adaptación e interpretación do libro Le petit prince, levada a cabo na hora de aternción educativa polos alumnos/as de 1º A da ESO. Esta actividade foi valorada moi positivamente pola implicación de todo o alumnado que desempeñou diversas funcións: interpretación, grabación, iluminación...

FESTIVAL SOLIDARIO

FESTIVAL SOLIDARIO

MARIA SOLIÑO(CANGAS) - MARIA SOLIÑA (INDIA)

O Centro María Soliña da India dálle formación a 240 nenos/as dunha das rexións máis illadas e pobres da India. Deses 240 alumnos/as 96, debido a súa extrema pobreza ou por dificultades de desprazamento, permanecen internos. Isto supón 4 comidas diarias. Dormen en esteiras ou colchonetas no chan das aulas.

Queremos, desexamos que este proxecto prosiga e ademais que poidan contar con instalación de luz eléctrica, unha depuradora de auga, aterrar parte do espazo do que dispoñen para que non se lle anegue durante os monzós, repoñer vestiario e ampliar en 50 o número de alumnos/as.

Para manter todo isto, a ONG “Shanga Galicia”, con sede en Cangas, só conta coas achegas duns 250 socios/as. O I E S María Soliño, xunto cos colexios adscritos organizou por terceiro ano consecutivo un festival solidario coa finalidade de recadar fondos.

Este festival celebrouse o venres, día 29 de maio, ás 20:00 horas no Auditorio e contou coas seguintes actuacións:

  • Desfile con roupa hindú no que participaro nn alumnos/as e profesores/as.
  • O alumnado de terceiro de drama, dirixido por Pedro Pablo, puxo en escena 4 contos hindús.
  • Alumnado de segundo ESO, baixo a batuta da profesora Elena, interpretou a canción “Alá vai o gaiteiro” en galego e en Orissa (dialecto hindú que se fala na escola de María Soliña)
  • Resoaron por todo o auditorio as voces de Oscar Urrutia e Mirian Lorenzo
  • O obradoiro de baile, dirixido por Pablo, danzou a ritmo de vals.

Houbo ademais as colaboracións dos outros centros e danza oriental (danza do ventre) a cargo dunha prestixiosa escola de Vigo.
FOI UN ENORME ÉXITO FROITO DA COLABORACIÓN DE TODOS/AS VÓS!!

CONCERTO FIN DE CURSO 09

O pasado 26 de Maio tivo lugar no salón de actos un concerto no que participaron alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharalato. Neste acontecemento, organizado polo Departamento de Música, poidemos disfrutar do bo traballo realizado nas clases ó longo do curso. Este grupo, de frautas, corda e percusión, tocou cancións coñecidas por todos. A actuación foi do agrado do público, quen mostrou unha agarimosa resposta ó esforzo do alumnado.

EXPOSICIÓN URBI ET ORBI: dende o galego para o mundo

A traductoloxía veuse elaborando ao longo dos séculos ata hoxe. Dende a Antigüidade grecolatina os autores que trataron da teoría da tradución  insistiron na importancia de non traducir palabra por palabra senón de conservar a enerxía e o carácter das mesmas, como dixo Cicerón.

Na actualidade son xa bastantes os escritores e escritoras galegos traducidos a outros idiomas. Clásicos do século XIX como Rosalía e Curros, ou do século XX como Castelao e Otero Pedraio. Contemporáneos xa falecidos como Cunqueiro, Blanco Amor e Casares. Autores e autoras en plena creación como Suso de Toro, Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz e Marisa Núñez. Pero, sen dúbida, o caso máis emblemático é o de Manuel Rivas, traducido xa a máis de vintecinco linguas.

Hoxe é posible atopar obras de escritores e escritoras galegos nas máis variadas linguas do mundo. De todos os continentes. Nas linguas máis estendidas (inglés, francés, ruso, árabe, etc) e en linguas menos estendidas (bretón, sardo, croata, etc). En linguas de territorios próximos ao noso, como as da Península Ibérica, ou moi afastadas de Galicia (turco, coreano, xaponés, etc).

Poderás vela na Ágora ata o 16 de xuño. 

SE A MULLER AVANZA O MUNDO AVANZA

Do 2 ao 12 de Xuño. Exposición de dez paneis elaborados pola ONG Intered, nos que se repasa a situación mundial dos dereitos das mulleres , os principais retos diante desta realidade e os logros máis importantes. A exposición,acompañada de material didáctico pretende facer ver ao alumnado a importancia que a equidade de xénero ten para a consecución do desenvolvemento humano.

Distribuir contido