De como aprendemos a contar e os aparellos empregados

Do 19 ao 23 de xaneiro estivo no IES María Soliño a exposición: De como aprendemos a contar e os aparellos empregados.

Esta exposición consta de 20 paneis nos que se conta como foi evolucionando o cálculo dende a prehistoria (facendo marcas nun óso ou anaco de madeira) ata os nosos días coas modernas calculadoras e ordenadores dos que dispoñemos.

Tamén forman parte da exposición 10 paneis nos que se ve como foron evolucionando os números nas diferentes culturas e case outra vintena de paneis con fotografías das diferentes máquinas que se utilizaron para calcular ao longo da historia.

Visitou a mostra todo o alumnado do centro de xeito interactivo, pois tiveron que encher uns cuestionarios cos que debater na clase. Ademais a algúns déuselles uns "Faino ti mesmo" nos que se explica como poderían construír unha regra de cálculo, un ábaco neperiano ou unha ballestina.

Tamén visitou a exposición alumnado doutros centros como o I.E.S. Monte Carrasco (Cangas), I.E.S. Johan Carballeira (Bueu), C.P.I. de Nazaret e C.P.I. A Rúa.

Esta exposición pretende responder á típica pregunta: Para que serven as matemáticas?, e intenta amosar que as matemáticas son unha das ciencias máis antigas e máis útiles.

Galería de fotos

Información da prensa (Faro de Vigo): Historia de como aprendemos a contar