ACTUALIZADA A NORMATIVA DE USO DO TELÉFONO MÓBIL NO CENTRO EDUCATIVO

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ ven de publicar a adaptación ao contexto covid da normativa de uso dos teléfonos móbiles que recollen as NOFC do centro:

-NON SE PODERÁ UTILIZAR O TELÉFONO MÓBIL EN HORARIO LECTIVO E NO INTERIOR DO EDIFICIO, INCLUÍNDO TALLERES, XIMNASIO E CAFETERÍA.

-PODERÁ UTILIZARSE O MÓBIL NOS PERÍODOS DE RECREO, PERO SÓ NO EXTERIOR DO EDIFICIO E PATIOS CUBERTOS.

-EN NINGÚN CASO, NIN NO EXTERIOR NIN NO INTERIOR, SE PODERÁ UTILIZAR A CÁMARA DE FOTOS E VÍDEOS DO MÓBIL.

Toda a documentación relativa as normas en relación coa situación de pandemia que vivimos pode consultarse, actualizada, no ESPAZO COVID desta páxina.

EXPOSICIÓNS NO LOSADA DIÉGUEZ

Nestas semanas podemos desfrutar con dúas mostras no noso centro:

A primeira consiste na mostra do TAPIZ DE ROSALÍA, realizado polas mulleres do Colectivo Feminista Deza Tabeirós, en homenaxe á nosa insigne escritora. A obra está sendo visitada polos diferentes grupos do centro no vestíbulo do mesmo. Máis información e fotos NESTE ENLACE.

A outra mostra que loce no corredor da Biblioteca está formada por 36 ilustracións da deseñadora estradense Rosa de Cabanas, centradas nos personaxes narradores da novela Scorpio, de Ricardo Carvalho Calero, a quen dedicamos este ano as Letras Galegas. A autora dos deseños compartiu a súa experiencia creadora co alumnado de 2º Bacharelato o pasado venres 20 de novembro. Podes ver máis imaxes e máis información NESTE ENLACE.

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NA CELEBRACIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

De xeito virtual, como É costume este curso, o alumnado do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ participou na primeira actividade organizada con motivo da celebración do Mes da ciencia en galego. En concrteto foron os grupos de 1º de Bacharelato os que puideron ver e escoitar a magnifica charla que a científica galega Sonia Villapol Salgado impartiu desde Houston, tratando un tema de máxima actualidade: "Só a ciencia nos rescatará da pandemia".

Podes consultar toda a información e fotos NESTE ENLACE.

O luns 30 de novembro, o alumnado de 4º participou nunha videoconferencia do profesore e youtubeiro científico Xacobo de Toro. Info e fotos NESTE ENLACE.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DA ESO

A Consellería de Educación acaba de publicar os Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO. A nova pode consultarse neste enlace:

Distribución de mácaras.

No seguinte documento poden consultarse e descargarse as instrucións da orde:

INSTRUCIÓNS

E no enlace que segue pode descargarse o documento de solicitude:

SOLICITUDE

O prazo de solicitude iniciase o 16 de novembro e remata o 27 de novembro. Entregar solicitudes na Secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA CORRECTA VENTILACIÓN DAS AULAS

A Consellería de Educación acaba de publicar unhas Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid 19. Podes consultalas no ESPAZO COVID do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, xunto coa actualización do Plan de continxencia e do Plan de adaptación á situación da Covid 19.

Segue o enlace picando na imaxe:

NOVOS MODELOS DE EXAME PARA A ABAU 2021

A Comision interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exames para as probas da ABAU 2021 que manteñen, con lixeiros cambios, a estrutura das probas do presente ano 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:

NOVOS MODELOS DE EXAME ABAU 2021

HORARIO DE TITORÍAS DO PRESENTE CURSO

Xa podes consultar o horario de titorías do presente curso NESTE ENLACE

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NO PROXECTO "VIGILANTES DEL AIRE"

 

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez repartiu entre o seus alumnos e alumnas cen plantas de fresa para ser cultivadas por eles, nos seus domicilios, dentro do proxecto “Vigilantes del Aire” da fundación IBERCIVIS de Zaragoza, coa que colabora o Instituto Pireanico de Ecoloxía (IPE-CSIC) e a Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCYT-Ministerio de Ciencia e Innovación). Foi o alumnado de 2º de Bacharelato o encargado de facer chegar as macetas aos seus compañeiros máis novos. A actividade está promovida polo Departamento de Ciencias Naturais do Losada.

As plantas van ser utilizadas para (bio)monitorizar a contaminación ambiental, xa que acumulan nas súas follas as partículas presentes no aire. A concentración dos contaminantes está relacionada co volume de tráfico, sendo os gases dos tubos de escape, o desgaste dos freos e a corrosión do motor as fontes de emisión principais. Dentro de dous meses aproximadamente, cada alumno enviará mostras das follas da súa planta, previamente localizada xeograficamente,  para ser analizadas con métodos magnéticos. Os datos obtidos serán comunicados a cada “coidador” e sumaranse aos recollidos noutros dezasete puntos de España para elaborar mapas de contaminación. Con este proxecto amósase como a cidadanía pode contribuír activamente ao coñecemento científico sen necesidade, coma neste caso, de complicados dispositivos electrónicos ou coñecementos previos aínda que si coa responsabilidade e o compromiso de cumprir os requirimentos demandados.

Páxina web do proxecto

 

 

O EDL LOSADA COMEZA A SÚA ACTIVIDADE COA PUBLICACIÓN DO CALENDARIO DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Un curso máis o EDL do Losada ofrece unha ferramenta útil para organizármonos mellor: o calendario mensual, que nesta edición recolle unha personaxe da nosa cultura, cunha cita da mesma,  e as datas máis sinaladas e celebracións do mes. Comeza cos meses do primeiro trimestre: outubro, novembro e decembro.

Podes consutalo e descargalo entrando na páxina web do EDL Losada