EXPOSICIÓN DE AUTORRETRATOS NO LOSADA

Interesante iniciativa na materia de Plástica de 4º de ESO. O alumnado, dirixido pola profesora Patricia, expón no corredor da Biblioteca os seus fermosos traballos: uns coloristas autorretratos que están recibindo as felicitacións de toda a comunidade educativa. Damián, Iván, Nerea, Antía, Ainara, Eva, Alba, Nerea, Ingrid, Brenda, Ricardo, Noel, Verónica e Alejandro, xunto á profe Patricia, na foto.

Parabéns!

OBRADOIRO DE IGUALDADE NO LOSADA

Con motivo da celebración do 25N no noso centro, púxose en marcha unha novidosa experiencia educativa que consistiu na organización dun obradorio de igualdade por parte dun equipo de alumnos e alumnas do centro, pertencentes a 4º ESO, 1º Bac e 2º Bac. A actividade consistiu na preparación dunha serie de contidos arredor de temas clave relacionados coa igualdade e a prevención de condutas de violencia de xénero que este Equipo da Igualdade levou aos diferentes cursos do centro. A actividade tivo unha extraordinaria acollida por parte do alumnado e do profesorado do centro. 

Complementeouse esta iniciativa coa realización dun video manifesto da Igualdade realizado por alumnas de 3º ESO e que foi emitido o 25 de novembro ás 12 da mañá a través de Youtube, sendo seguido polos diferentes grupos do centro. Pode verse NESTE ENLACE.

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez felicita ao grupo de traballo do profesorado e alumnado que levou adiante este proxecto. 

Imaxe dun dos obradoiros

 

Participantes no Equipo de Igualdade

ACTUALIZADA A NORMATIVA DE USO DO TELÉFONO MÓBIL NO CENTRO EDUCATIVO

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ ven de publicar a adaptación ao contexto covid da normativa de uso dos teléfonos móbiles que recollen as NOFC do centro:

-NON SE PODERÁ UTILIZAR O TELÉFONO MÓBIL EN HORARIO LECTIVO E NO INTERIOR DO EDIFICIO, INCLUÍNDO TALLERES, XIMNASIO E CAFETERÍA.

-PODERÁ UTILIZARSE O MÓBIL NOS PERÍODOS DE RECREO, PERO SÓ NO EXTERIOR DO EDIFICIO E PATIOS CUBERTOS.

-EN NINGÚN CASO, NIN NO EXTERIOR NIN NO INTERIOR, SE PODERÁ UTILIZAR A CÁMARA DE FOTOS E VÍDEOS DO MÓBIL.

Toda a documentación relativa as normas en relación coa situación de pandemia que vivimos pode consultarse, actualizada, no ESPAZO COVID desta páxina.

EXPOSICIÓNS NO LOSADA DIÉGUEZ

Nestas semanas podemos desfrutar con dúas mostras no noso centro:

A primeira consiste na mostra do TAPIZ DE ROSALÍA, realizado polas mulleres do Colectivo Feminista Deza Tabeirós, en homenaxe á nosa insigne escritora. A obra está sendo visitada polos diferentes grupos do centro no vestíbulo do mesmo. Máis información e fotos NESTE ENLACE.

A outra mostra que loce no corredor da Biblioteca está formada por 36 ilustracións da deseñadora estradense Rosa de Cabanas, centradas nos personaxes narradores da novela Scorpio, de Ricardo Carvalho Calero, a quen dedicamos este ano as Letras Galegas. A autora dos deseños compartiu a súa experiencia creadora co alumnado de 2º Bacharelato o pasado venres 20 de novembro. Podes ver máis imaxes e máis información NESTE ENLACE.

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NA CELEBRACIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

De xeito virtual, como É costume este curso, o alumnado do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ participou na primeira actividade organizada con motivo da celebración do Mes da ciencia en galego. En concrteto foron os grupos de 1º de Bacharelato os que puideron ver e escoitar a magnifica charla que a científica galega Sonia Villapol Salgado impartiu desde Houston, tratando un tema de máxima actualidade: "Só a ciencia nos rescatará da pandemia".

Podes consultar toda a información e fotos NESTE ENLACE.

O luns 30 de novembro, o alumnado de 4º participou nunha videoconferencia do profesore e youtubeiro científico Xacobo de Toro. Info e fotos NESTE ENLACE.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DA ESO

A Consellería de Educación acaba de publicar os Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO. A nova pode consultarse neste enlace:

Distribución de mácaras.

No seguinte documento poden consultarse e descargarse as instrucións da orde:

INSTRUCIÓNS

E no enlace que segue pode descargarse o documento de solicitude:

SOLICITUDE

O prazo de solicitude iniciase o 16 de novembro e remata o 27 de novembro. Entregar solicitudes na Secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA CORRECTA VENTILACIÓN DAS AULAS

A Consellería de Educación acaba de publicar unhas Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid 19. Podes consultalas no ESPAZO COVID do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, xunto coa actualización do Plan de continxencia e do Plan de adaptación á situación da Covid 19.

Segue o enlace picando na imaxe:

NOVOS MODELOS DE EXAME PARA A ABAU 2021

A Comision interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exames para as probas da ABAU 2021 que manteñen, con lixeiros cambios, a estrutura das probas do presente ano 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:

NOVOS MODELOS DE EXAME ABAU 2021