PUBLICADA A CONVOCATORIA DA ABAU 2020

 

 

A CIUG acaba de publicar a convocatoria da Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). No enlace que segue podes consultar toda a información:

PROBA ABAU 2020

No seguinte podes acceder directamente a un resumo da convocatoria:

Resumo da convocatoria

E neste podes consultar unha serie de indicacións importantes para o alumnado:

Instrucións para o alumnado

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO E FAMILIAS

AVÍSO SÓ PARA O ALUMNADO QUE NESTE PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES, DESDE O 16 DE MARZO AÍNDA NON CONTACTOU COS SEUS PROFESORES/AS OU TITORES/AS 

RÓGASE AOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE AÍNDA NON CONTACTARON CO CENTRO NESTE PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES, QUE SE POÑAN EN CONTACTO CO MESMO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO:

ies.losada.dieguez@edu.xunta.es

NOVIDADE: MODIFICACIÓN OFICIAL DAS PROBAS ABAU

 

Resolución do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30938

IMPORTANTE! INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE (PUBLICADAS O 27 DE MAIO)

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

PODEN CONSULTARSE NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

MEDIDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN PROFESIONAL E DAS ENSINANZAS ESPECIAIS

Publicada a Resolución  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

Pode consultarse no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30894

VIDEOTITORIAIS SOBRE OS SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS PARA DOCENTES E FAMILIAS

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30904

 

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O 3º TRIMESTRE (17 DE ABRIL)

A Consellería de Educación acaba de publicar unhas Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 que poden consultarse no enlace que segue:

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O 3º TRIMESTRE

 

INFORMACÓN DE INTERESE SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

PROBAS DE ACCESSO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. LINSTAXES PROVISIONAIS DE ADMITITOS/AS E EXCLUÍDOS/AS. CONVOCATORIA 2020

Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación presencial nos centros de inscrición. Pode consultarse toda a información no seguinte enlace:

 

PROBAS DE ACCESO CICLOS MEDIOS 2020

 

PROBAS DE ACCESSO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR. APRAZAMENTO DA PROBA. CONVOCATORIA 2020

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril. Toda a información, neste enlace:

APRAZAMENTO DA PROBA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES. CONVOCATORIA 2020

TODA A INFORMACIÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL PICANDO NO LOGO:

 

 

SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS

Xa está dispoñible un novo apartado no portal espazoAbalar no que se recollen os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube.

Ademais, a partir da vindeira semana, iranse incluíndo neste espazo videotitoriais que expliquen de forma sinxela o uso destas ferramentas ao profesorado que o necesite.

Pode consultarse no seguinte enlace:

SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS NO PORTAL ABALAR

A CONVOCATORIA ORDINARIA DA ABAU TERÁ LUGAR O 6, 7 E 8 DE XULLO

Imos coñecendo novas sobre o futuro do curso, neste caso 2º Bacharelato. A Consellería e a CIUG anuncian que a convocatoria ordinaria da ABAU terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo.

Pode ler a nova completa no seguinte enlace:

 

DATAS ABAU 2020