INSCRICIÓN NA ANPA DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

A ANPA doIES ANTÓN PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ recorda a todo o alumnado e as familias a importancia de asociarse á mesma. 

Poddescargarse a solicitude de inscrición AQUÍ.

Correo electrónico: anpaantonlosada@gmail.com

CALENDARIO DE MÁTRICULA PARA A ESO E O BACHARELATO. CURSO 2020-21

Debido ás condicións de tempo, espazo e persoal, e para garantir unhas axeitadas condicións de hixiene e seguridade durante o proceso de matrícula, establécese un calendario para realizar dito procedemento.

NON é necesaria cita previa, pero a matrícula para cada curso deberá facerse nos días correspondentes, en horario de 9:00 a 13:00 h.

Polo beneficio de todos e todas, prégase respecten estas quendas:

1º de ESO

1 e 2 de xullo

2º de ESO

2 e 3 de xullo

3º de ESO

3 e 6 de xullo

4º de ESO

6 e 7 de xullo

1º de bacharelato

7 e 8 de xullo

2º de bacharelato

8 e 9 de xullo

Descargar horario neste enlace.

PRAZOS DE SOLICITUDE E ADMISIÓN PARA OS CICLOS FORMATIVOS E PARA FP DUAL. CURSO 2020-2021

Xa están publicados os prazos de admisión para os ciclos formativos de cara ao curso 2020-2021. As solicitudes poderán presentarse a partir das 9 h do 25 de xuño e o prazo remata o 8 de xullo ás 13 h.

Toda a información relativa ao réxime ordinario e ao de persoas adultas NESTE DOCUMENTO.

Toda a información relativa á FP Dual, NESTE DOCUMENTO.

Pode consultarse tamén toda a información no portal educativo a través DESTE ENLACE.

Toda a información sobre a oferta de ciclos formantivos NESTE ENLACE.

 

NOVIDADE

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez presenta a súa oferta na Formación Profesional de cara ao curso 2020-21.

Ciclos superiores:

  • NOVIDADE!!  Ciclo superior Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
  • Ciclo superior Administración e finanzas

 

Ciclos medios:

  • NOVIDADE!!  Ciclo Medio de FP Dual de Instalación e amoblamento, coa empresa Martínez Otero Contract.
  • Ciclo medio de Carpintaría e moble
  • Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles
  • Ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes

 

FP básica:

  • Ciclo básico de Carpintaría e moble
  • Ciclo básico de Informática de oficina
  • Ciclo básico de  Mantemento de vehículos

FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O curso rematou cun 78,4% de alumnos/as aprobados/as (28 de 37). As matrículas de honra foron para Celia Astorga Herraiz e Telmo Leira Loureiro. Noticia na Voz de Galicia NESTE ENLACE.

Parabéns a todos e a todas os alumnos e alumnas e tamén ao profesorado polo esforzo realizado, en especial no período de confinamento que puxo as cousas aínda máis difíciles a un curso xa de por si moi complicado.

Sorte para todo o alumnado que se vai presentar ás ABAU e ánimo e esforzo para todos e todas as que teñen que preparar as materias que quedaron para setembro.

Unha vez rematado o curso, o alumnado e o profesorado de 2º Bacharelato xuntouse no patio do Losada para facer unha fotografía conmemorativa da promoción. Unha vez rematadas as probas da ABAU, e se as circunstancias o seguen a permitir, o alumnado será convocado para facerlle entrega da imaxe conmemorativa deste curso así como dalgún outro detalle.

 

PREMIO PARA PROXECTOS DE INNOVACIÓN DE FP PARA O LOSADA DIÉGUEZ

Un proxecto coordinado polo IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez foi escollido dentro da convocatoria da Consellería de Educación dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. No proxecto premiado, denomiando Eco Urban Furniture For Schools, colaboran tamén os cetntros: IES Monte Neme de Carballo e CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo.

O proxecto centrarase na fabricación de mobiliario exterior para centros educativos seguindo uns criterios ecolóxicos e de sostibilidade. Tamén se trata de que o proxecto se basee na utilización de sistemas de eficiencia enerxética.

O CIFP Paz Andrade será o encargado do desñeo do mobiliario, o IES Monte Neme realizará as pezas metálicas e no Losada Diéguez procederase á fabricación do mobiliario, que permitirá a renovación do mesmo no noso centro.

Ademais, o noso centro figura como colaborador noutros dous proxectos premiados. Por unha banda, participa no denominado BENenBICI, coordinado polo CIFP Ferrolterra, no que realizará as estruturas de madeira de zonas de estacionamento e carga de bicicletas eléctricas. Por outra, realizará un carro-expositor de produtos para o proxecto O rexurdir das landras, liderado polo IES de Vilamartín.

Enlace á nova no Portal Educativo.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTE ÁS PROBAS ABAU 2020

Recórdase a todo o alumnado do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ que o prazo de matrícula nas probas ABAU será do xoves 11 ao martes 16 de xuño.

É moi importante achegarse ás oficinas do centro o máis axiña posible, dentro do período indicado, para recibir a información e impresos necesarios para formalizar a matrícula.

Pola súa parte, a CIUG publicou un Protocolo ABAU 2020 en Galicia que contén unha serie de normas para o profesorado e alumnado relacionadas coas condicións en que se deben desenvolver as probas. Pode consultarse e descargarse NESTE ENLACE

NOVIDADE :

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ pon á túa disposición un documento informativo sobre as ABAU 2020: probas, normas principais, ponderación, nota de admisión, etc. Todo o que queres saber sobre as ABAU, podes consultalo e descargalo NESTE ENLACE

O LOSADA PUBLICA UN CALENDARIO CON TODA A INFORMACIÓN RELATIVA AO FIN DE CURSO

CALENDARIO DE FIN DE CURSO

 

Poda consultarse e descargarse toda a información detallada: publicación de notas, reclamacións.etc: NESTE ENLACE

AVISO: O PRAZO DE MATRICULA COMPRENDERÁ DO 1 AO 1O DE XULLO.

AVISO PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO DE ADULTOS (Actualizado 29/05/20)

Rógase ao alumnado matriculado en todas as materias de 2º Bacharelato de adultos, con materias de 1º Bacharelato, que se poña en contacto cos profesores e profesoras das materias de 1º con urxencia, a fin de fixar a data do exame das mesmas, na semana que ven (do 1 ao 5 de xuño).

NOVAS DATAS PARA A CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2020

A Consellería de Educación ven de publicar as NOVAS DATAS PARA A CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2020.

 

Toda información NESTE ENLACE 

 

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES E FINAIS DA FORMACIÓN PROFESIONAL (CM, CS E FPB) Actualizado 29/05/2020

Faise público o calendario e horarios dos exames de pendentes e finais de toda a Formación Profesional.

Non habera exames da 3ª avaliación.

Poden consultarse e descargarse nos seguintes enlaces:

 

EXAMES DE PENDENTES DE CM E CS DE FP

EXAMES DE PENDENTES DE FPB

EXAMES FINAIS DE FP E PERDA DE DEREITO (PD)

EXAMES FINAIS DE FPB E PERDA DE DEREITO (PD)