Skip to Content

Últimas publicacións

19/12/2022 - 19:29

As palabras sobran, colaborastes todas e todos como se espera de alumnado tan solidari@ coma vós. Por iso, dende o centro, non nos queda máis que darvos as grazas, primeiro pola achega dos libros que fixestes e segundo polo intercambio con alimentos para esas familias que o precisan de Ribeira. Observade a cantidade de caixas que mañá saen de aquí.  
19/12/2022 - 19:21

O Departamento de Francés, en colaboración co de Educación Plástica, veñen de convocar un concurso de postais de Nadal para o alumnado de 1º ESO. Ademais, tamén agasallaron a todo o alumnado da materia de Francés cun chaveiro da torre Eiffel. Clicade na imaxe para verdes o vídeo que vos amosa como ocorreu todo:  
19/12/2022 - 18:59

Sacade un anaquiño do voso tempo para ver estes fantásticos booktrailers feitos polo alumnado de 4º ESO sobre dúas obras lidas neste trimestre: Un mundo feliz, de Aldous Huxley e 1984, de George Orwell.  Imos co primeiro de Noa Lampón, 4º ESO A: O segundo de Naia González, 4º ESO A: O terceiro de Lois FIlgueira, 4º ESO A:   O cuarto de Irene Figueiro, 4º ESO B:   E o quinto...
16/12/2022 - 10:49
Termos: Administrativo

As empresas están cada vez máis inmersas no mundo dixital e as novas tecnoloxías, por iso desde o Departamento de Administrativo consideramos necesario para o noso alumnado o ter acceso ao coñecemento das estratexias dixitais que están a funcionar neste momento. Con este propósito, o pasado mes de Novembro o noso alumnado do ciclo superior de Administración e Finanzas asistiu ao seminario "...
09/12/2022 - 16:47
Termos: Administrativo

O Departamento de Administrativo organizou unha conferencia no noso centro impartida por Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa, e a nosa ex alumna de Administración e Finanzas, Cristina Teira, Técnica de Recursos Humanos de Congalsa, sobre un tema de gran importancia como é “Como afrontar un proceso de selección”, realizando un interesante percorrido polas...
08/12/2022 - 19:33
Termos: Inglés

O vindeiro 21 de decembro o alumnado de 3º PDC do IES Leliadoura terá a misión de desactivar a bomba e facer que todas e todos salgamos iles@s do instituto. ¿Serán quen de conseguilo? Preme no link da entrada para ver o vídeo de introdución...
04/12/2022 - 21:07

E houbo un trasniño polo Leliadoura que non quixo marchar de ponte sen deixar antes o centro preparado xa para o mes de Nadal. Grazas, Belén, a nosa super administrativa que non só se somerxe entre papeis, senón que tamén saca un anaquiño do seu tempo para decorar a entrada e as portas.        
04/12/2022 - 21:07

O alumnado de 2º de Bacharelato da modalidade de Ciencias Sociais e mais o de 4º ESO bilingüe estiveron hoxe pola mañá na parroquia de Vilacova (Lousame) presenciando o labor de escavación dunha fosa común na que foron enterrados represaliados republicanos en 1936. Ademais de ver in situ o traballo de busca da fosa e os labores de escavación desta puideron escoitar as explicación de...
04/12/2022 - 21:07

O equipo da Biblioteca e o alumnado de Plástica tamén contribuíron a darlle visibilidade a un día tan importante como é o 25 N. FARO MORADO, así podemos chamar a este traballo conxunto que vai incluído dentro da campaña FARO que abrangue todo o curso.  Que pretenden amosar? Máis que amosar, iluminar, guiar como a luz dun faro unha sociedade que debe ser consecuente coa violencia de...
28/11/2022 - 16:16

E aquí temos ás e ao gañador do concurso de epitafios deste curso 2022 - 2023.   1º PREMIO: María Carracero González de 3º ESO A       2º PREMIO: Irene Couselo Sampedro de 3º ESO PDC       3º PREMIO: Mohamed Ftouh Ftouh DE 3º ESO C  


by Dr. Radut