Skip to Content

Lingua Galega

RESUMOS PROGRAMACIÓN LINGUA GALEGA 2022-2023

A seguir figuran os resumos das programacións pares para este curso: 2º ESO, 4º ESO e 2º BACHARELATO.

Para o resto dos cursos será de aplicación a programación LOMLOE na plataforma PROENS, das que tamén se achegan os correspondentes resumos.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA 2020-2021

A seguir atópanse os resumos por cursos da programación didáctica de Lingua galega e literatura, así como o plan de recuperación da materia pendente.

ADDENDA PROGRAMACIÓN 4º ESO 2022-2023

Probas extraordinarias de 4º ESO no mes de xuño.

EPITAFIOS PARA O SAMAÍN

Esperamos os vosos epitafios, consultade as bases e seguide as instrucións do profesorado para serdes quen de crear o mellor epitafio.

 

EPITAFIOS PARA O SAMAÍN

ADDENDA PROGRAMACIÓN DE LINGUA GALEGA

No adxunto atoparedes a addenda á programación da materia de Lingua Galega e Literatura.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA GALEGA 2021/2022

A seguir atópanse os resumos por cursos da programación didáctica de Lingua galega e literatura, así como o plan de recuperación da materia pendente.

 

OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE CON ANTÍA YÁÑEZ

O primeiro día logo das vacacións xa estivo cheo de actividades, entre elas, un Obradoiro de Igualdade coa escritora Antía Yáñez. O alumnado de 4º da ESO participou nesta charla na que a autora, a través de diversos exemplos, sinalou a existencia de múltiples situacións non igualitarias na actualidade. Tamén referiu como a sociedade foi evolucionando cara a un contexto máis igualitario, así como explicou a influencia que o sexismo pode ter na creación de actitudes machistas.

OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE CON ANTÍA YÁÑEZ

VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA: "GALICIA, DE NÓS A NÓS"

Durante o mes de novembro puidemos gozar no noso centro dunhas visitas virtuais moi especiais que organiza a Cidade da Cultura. "Galicia, de Nós a nós" é o nome da exposición que ten como protagonistas ás persoas que formaban parte do Grupo Nós, mais non só, senón que tamén se refire á revista homónima ou nos fai adentrarnos nas características socio-políticas do S. XX. 

VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA: "GALICIA, DE NÓS A NÓS"

A COMPOSTELA NOS DIRIXIMOS

E como onte, 20 de xaneiro en Ribeira ía un vento de moito coidado, decidimos ir cara a Compostela a ver se alí entrabamos en calor. A verdade é que o norte alí tamén tiraba ben, pero nós case non o sentimos pois a obra que fomos ver, Bicos con lingua do grupo Talía, fíxonos rir a cachón e permitiunos reflexionar un anaco sobre a mensaxe que os distintos sketchs nos tentaban transmitir.

A COMPOSTELA NOS DIRIXIMOS
Distribuir contido


by Dr. Radut