Skip to Content

OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE CON ANTÍA YÁÑEZ

O primeiro día logo das vacacións xa estivo cheo de actividades, entre elas, un Obradoiro de Igualdade coa escritora Antía Yáñez. O alumnado de 4º da ESO participou nesta charla na que a autora, a través de diversos exemplos, sinalou a existencia de múltiples situacións non igualitarias na actualidade. Tamén referiu como a sociedade foi evolucionando cara a un contexto máis igualitario, así como explicou a influencia que o sexismo pode ter na creación de actitudes machistas.

Para contextualizar estes contidos, botou man do libro de lectura da 1ª avaliación, Senlleiras, explicando o proceso creativo desta obra e a necesidade que tiña ela de que as protagonistas fosen mulleres.

O alumnado participou activamente a través de preguntas e reflexións que foron aparecendo ao longo da xornada. Incluso houbo algunhas persoas que volveron cos seus libros dedicados.

 

OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE CON ANTÍA YÁÑEZ


image | by Dr. Radut