Skip to Content

AS PROFESORAS DO LELIADOURA TAMÉN CONMEMORAN O 8 M

Somos moitas e somos mulleres; por iso, mentres as nosas alumnas e tamén alumnos decidiron manifestarse fóra das aulas e do centro, nós fixémolo dende aquí, pero coa mesma ansia e ilusión por conseguir para elas que a igualdade de xénero se convirta nunha realidade efectiva.

Ratificamos as palabras da directora Xeral da UNESCO que fala do seguinte xeito:

"A igualdade de xénero é unha idea sinxela. É a convicción de que as mulleres merecen os mesmos dereitos, as mesmas oportunidades e os mesmos coñecementos cós homes. É tamén a convicción de que as mulleres teñen tanto que achegar á sociedade como á solucion dos problemas sociais. É o compromiso de derribar as barreiras que frearon ás mulleres durante demasiado tempo [...].

Lograr o empoderamento da muller segue sendo un dos maiores retos da humanidade e, ao mesmo tempo, unha inmensa oportunidade para desenvolver plenamente o potencial do xénero humano"

Rapazas e mulleres, non esquezades nunca estas palabras e recordade que 8 de marzo son tamén os 364 días restantes do ano.

AS PROFESORAS DO LELIADOURA TAMÉN CONMEMORAN O 8 M


image | by Dr. Radut