Skip to Content

Últimas publicacións

28/02/2024 - 10:07

26/02/2024 - 21:17

Logo dunha intensa semana de concurso en cadansúa aula, os equipos finalistas de cada un dos cursos baixaron á Biblioteca para conmemorar a data do nacemento de Rosalía. E como o fixeron???? Pois participando nunha gran final do rosco sobre a vida e obra da nosa autora. Levou tempo, pero as aulas gañadoras foron as seguintes.

1º BACH A

4º ESO A

3º ESO B

Parabéns...

26/02/2024 - 20:43

E aí estivemos, traballando cos "comecocos" coa cara e partes de poemas de Rosalía mentres os escoitabamos musicados. 

O día de Rosalía comezou no IES Leliadoura lendo poemas de Rosalía en todas as aulas á primeira hora da mañá por parte do profesorado e tamén do alumnado no caso dos ciclos; logo, algo máis...

22/02/2024 - 22:27

Día completo o do pasado martes para o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO, Latín de 4º e 1º BACH e Club de Lectura. Como querían asistir ao festival de teatro grecolatino en Tui para ver a obra de teatro "Mostellaria" de Plauto, aproveitaron o día e foron primeiro ao Monte de Santa Trega onde...

19/02/2024 - 13:14

Brenda, antiga exalumna do centro e actualmente empregada de ABANCA, visitou o seu antigo instituto para levar adiante un taller sobre finanzas e desenvolvemento sostible co alumnado de 4º ESO. Previamente, participaron activamente ao planificar unha excursión sustentable cun orzamento bastante axustado, contemplando aspectos...

19/02/2024 - 12:07
18/02/2024 - 22:16

O pasado venres, o alumnado de 1º Bacharelado visitou o Centro Lustres Rivas de Ribeira para contemplar a exposición de gravados dedicados a Rosalía De Castro. Varios artistas da zona expoñen 25 gravados que gardan relación coa nosa autora máis universal, conmemorando así tamén a data do seu nacemento. Os...

15/02/2024 - 23:51

Emocionante final, coma todas por certo, a deste campionato de 3x3 onde se chegaron a xogar os tres partidos ata que saíu o mellor. Quedaron no último segundo empatados os Pedra Stars cos Warrors e o equipo gañador saíu dos tiros libres. Quen gañou finalmente? Mirade o...

15/02/2024 - 23:50

Clica aquí para acceder a toda a información sobre as prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato.

 

10/02/2024 - 22:24

"Lisístrata" de Fillas de Cassandra. Foi esta a canción escollida polo profesorado para celebrar con vós o entroido. Cunha clara mensaxe de paz, e ao mesmo tempo feminista, bailaron coas súas vasoiras para transmitirvos valores, afouteza e determinación na vosa achega á sociedade. Grazas por eses ensaios esgazados entre torneos...



by Dr. Radut