Skip to Content

FINAL DO TORNEO DE 3X3

Emocionante final, coma todas por certo, a deste campionato de 3x3 onde se chegaron a xogar os tres partidos ata que saíu o mellor. Quedaron no último segundo empatados os Pedra Stars cos Warrors e o equipo gañador saíu dos tiros libres. Quen gañou finalmente? Mirade o vídeo e descubriredes o berrado que estivo o asunto.

Ante a decepción de quen quedastes de segundos, tan só vos diremos que recordedes a película "Campeones" e valoredes o feito de ter chegado ata ese posto. 

Parabéns a todos os equipos pola vosa participación, fostes disciplinados en todos os recreos e manifestastes respecto polo contrario, iso é co que nos quedamos.

FINAL DO TORNEO DE 3X3


image | by Dr. Radut