Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE MARZO

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE MARZO:

Seguindo instrucións do Goberno, suspéndense as actividades nos centros educativos ata nova orde.

Mentres dure o estado de alarma, o centro será atendido a través da "Secretaría virtual" no menú da columna esquerda desta web.

Pode consultarse toda a información actualizada na web da Consellería de Educación e na do Ministerio de Sanidade.

Sesión informativa PIALE

O próximo día 22 de xaneiro a partir das 16.00 horas celebrarase unha sesión informativa na que o profesor Ramiro Alonso explicará a súa experiencia na estadía PIALE en Canadá.

Insignia de Ouro da cidade de Ferrol

> 22.11.2019

O Concello de Ferrol vén de anunciar os galardonados coa Insignia de Ouro da cidade que serán entregadas o día 7 de xaneiro de 2020, día de San Xulián, nun acto protocolario que se celebrará no Teatro Jofre.

O IES Leixa é o primeiro instituto de educación secundaria da cidade que resolta merecedor, por decisión unánime, dunha destas Insignias que recoñece o labor desenvolvido polo centro nos últimos anos.

Xunto co IES Leixa recibirán a Insignia:

  • O Colexio San Rosendo
  • O profesor José Leira (a título póstumo)
  • A investigadora Paula Río Galdo
  • O centro Teima Down.

Ademais, será condecorado como Ferrolán do Ano o equipo de fútbol local Rácing de Ferrol.

Novas dotacións para o IES Leixa

O IES Leixa adquire novos recursos. Hai uns días chegaron catro camas hospitalarias para substituír as que ocupaban os talleres de asistencia hospitalaria.

As novas camas son eléctricas, multiposición e con baldas de seguridade.

Premios para o IES Leixa

O estudante do ciclo medio de Preimpresión dixital José Antonio Lage Varela e o grupo do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia veñen de gañar as dúas modalidades de imaxe gráfica e de audiovisual do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2019/2020 -

Listaxe de admitidos/as en FP Básica

> 13.09.2019

Publicada a listaxe de persoas admitidas en FP Básica.

Novo logotipo

O IES Leixa estrea logotipo.

Alumnado de Artes Gráficas participou o curso pasado nun concurso interno para seleccionar o novo logotipo do IES Leixa que se empezará a utilizar este curso.

Pouco a popuco iremos cambiando o logo nos documentos e redes sociais.

 

Comezo do curso 2019-2020

O curso 2019-2020 comeza o 16 de setembro.

Na primeira semana de setembro publicarase o calendario de presentación de estudantes.

Powered by Drupal - Design by artinet