Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Concesión do servizo de cafetaría

A Consellería vén de informar da publicación do anuncio de licitación da contratación da concesión dos servizos de cafeterías en 108 centros escolares da provincia de A Coruña para os cursos 2020-2021 e 2021-2022 coa posibilidade de ser prorrogada aos cursos 2022-2023 e 2023-2024.

Este anuncio está publicado no perfil do contratante da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.contratosdegalicia.gal) . 
 

  • O prazo de presentación de propostas dos operadores económicos interesados está aberto e finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas.
  • As proposicións presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) aloxada na dirección http://www.conselleriadefacenda.es/silex

Nota informativa sobre a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial

Nota informativa sobre a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial -

A os ciclos formativos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, dunha duración inferior a 2.000 horas, que se impartan no réxime ordinario, e por tanto que non contan con docencia presencial no centro educativo no próximo curso, seralles de aplicación o apartado 2.2.1, no que se refire a establecer un horario para a atención presencial do alumnado.

 

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020 -

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

 

Programacións modificadas e adaptadas ao terceiro trimestre

Seguindo as instrucións da Consellerái de Educación, publícanse as programacións adaptadas polo estado de alarma:

Calendario de exames de bacharelato

Calendario de exames de segundo de bacharelato:

Horarios de atención ao alumnado nos meses de maio e xuño

Durante os meses de maio e xuño atenderase ao estudantado a través de diversos medios dependendo das particularidades e disposición de recursos.

A atención directa dos docentes será nos horarios que se indican para cada grupo.

Ampliación de prazos

A Consellería deu instrucións no sentido de que os procesos que están abertos terán un prazo extraordinario.

Todos os solicitantes de bacharelato poderán matricularse cando remate o Estado de Alarma.

Powered by Drupal - Design by artinet