Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Exames da 3ª avaliación do ciclo medio de Preimpresión dixital, modalidade a distancia

> 24.05.2018

Exames do ciclo medio de Preimpresión dixital, modalidade a distancia:

Calendario de exames

Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición

Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e mestres para o ano 2018 -

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

  • O prazo de reclamación contra a lista provisoria de persoas admitidas e exluídas comeza o mércores día 23 de maio e remata o martes día 29 de maio de 2018. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na base cuarta da Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG nº57, do 21 de marzo)"
 

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018 -

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2018.

- Máis información sobre a convocatoria

 

Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro

Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro -

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no IES Leixa de Ferrol, na presentación da campaña da Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, que se celebrará o próximo 23 de abril. A iniciativa conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Federación de Librarías de Galicia e do IES Leixa e consiste na distribución de cinco orixinais marcadores deseñados polo alumnado deste centro educativo para animar a ler e para estender o uso dos dominios .gal. Cada marcapáxinas inclúe un código que rebaixa o prezo dun dominio .gal a tan só 15 € + IVE.

No acto de presentación, o secretario xeral de Política Lingüística sinalou que “unir o libro e os dominios .gal de internet é xuntar nun mesmo proxecto dous dos axentes máis importantes da cultura galega e en galego, un de tan longa tradición como prometedor futuro e outro que representa a innovación e a extensión da nosa lingua aos novos espazos de comunicación xurdidos nas últimas décadas”.

A canda Valentín García, interviñeron na presentación desta iniciativa o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antón Pedreira e a directora do IES Leixa, Ana María Roel, que actuou como anfitrioa.

12.000 marcapáxinas que unen a lectura e internet

As 12.000 copias de marcapáxinas que integran esta campaña distribuiranse en todas as feiras do libro de Galicia e en case duascentas librarías galegas. Incoporan, en forma de código, a posibilidade de obter un dominio .gal por só 15€ + IVE. Desta maneira, únese nunha mesma acción a lectura e internet , fórmula elixida polos organizadores para celebrar o próximo Día do Libro. Ata fin de existencias, os compradores recibirán un marcapáxinas con cada exemplar adquirido nos establecementos sumados á iniciativa.

A promoción comeza este mesmo 23 de abril e estará activa ata o 31 de agosto. Os códigos poden validarse en calquera das dúas empresas rexistradoras que participan: Dinahosting e CdMon. Toda a información pódese atopar na web do dominio .GAL: www.dominio.gal/promocions.

Participación dos estudantes

Arredor de vinte estudiantes do IES fixeron as súas propostas para animar á lectura, dos que PuntoGal seleccionou cinco modelos finalistas. Os cinco marcapáxinas escollidos, que poderán descargase xunto co resto dos presentados polos estudantes na web de PuntoGal (asociacion.gal), son da autoría de Julio Santiso Barreiro, Aida Bao Estévez, Tamara Álvarez Castro, Natalia Romero Díaz e Borja Rey Estévez.

Día do Libro 2018

Día do Libro 2018.

O vindeiro venres día 20, ás 10 horas, con motivo do Día do Libro, celebrarase un acto no instituto para presentar os marcapáxinas seleccionados no certame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en coordinación co dominio PuntoGal e a Federación de Libreiros, en relación coa súa conmemoración. Estes marcapáxinas distribuiranse en todas as librerías de Galicia e nas feiras do libro nas que participe a nosa comunidade.

A presentación será no Salón de actos e estará presidida polo Secretario Xeral de Política Lingüística D. Valentín García Gómez, e nela estarán os alumnos de CSP1, grupo participante en dito certame, así como os seus docentes de Artes Gráficas. 

Powered by Drupal - Design by artinet