Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Guías de estudantes

Están dispoñibles as guías de estudantes de bacharelato e de FP.

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2018 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o venres 27 de xullo ata as 13:00 horas do martes 31 de xullo de 2018. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Estudos bilingües no ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

> 18.07.2018

Achegamos información sobre o ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia no que se ofertam módulos en modalidade bilingüe.

Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes -

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 18 de xullo ata as 13:00 horas do día 24 de xullo de 2018. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  • Módulos de grao medio con prazas vacantes (Pendente de publicación)
  • Módulos de grao superior con prazas vacantes (Pendente de publicación)

  
Modalidade distancia

  • Módulos de grao medio con prazas vacantes (Pendente de publicación)
  • Módulos de grao superior con prazas vacantes (Pendente de publicación)

Listaxes de solicitantes para 2º curso de ciclos e FCT

> 06.07.2018 15:20

Listaxes de solicitantes de 2º curso de ciclos e FCT:

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2018 -

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

ATENCIÓN: Non son listas de persoas admitidas senón de solicitantes, para comprobar que os datos están ben.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 6 de xullo ata as 13:00 horas do martes 10 de xullo de 2018.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

 

Entrega de cualificacións finais

> 25.06.2018

A entrega de cualificacións finais do curso 2017-2018 terá lugar o día 26 de xuño co seguinte horario:

Entrega de cualificacións

Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos

Oferta formativa de Formación Profesional para o curso 2018-2019 en centros públicos -

Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

Orde do 15 de xuño de 2018 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2018/19.

ORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Nas seguintes ligazóns pode consultar os mapas da oferta de formación profesional para o curso académico 2018/2019:

 

Powered by Drupal - Design by artinet