Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2020-2021

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2020-2021 -

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021.

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Información sobre o ciclo plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

> 21.07.2020

Folleto informativo sobre o ciclo superior plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia.

Solicitantes admitidos para 2º curso de ciclos e FCT

> 14.07.2020

Publicadas as listaxs de solicitantes admitidos para cursar 2º de ciclos e FCT.

Libros de texto do curso 2020-2021

> 03.07.2020

Libros de texto para o curso 2020-2021 (bacharelato):

Instrucións ABAU

O alumnado matriculado do IES Leixa realizará os exámes das ABAU no Campus de Esteiro adscrito á Comisión Delegada 10B situada na Facultade  de Humanidades

 

Recórdase ao alumnado que deberá ir provisto de mascarilla e respectar as normas hixiénicas e a distancia de seguridade

Calendario de exames de setembro de bacharelato e FP Básica

Calendario de exames de setembro.

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021 -

Publicado os calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.

Máis información:

 

Horario de preparación da ABAU

Achegamos o horario de preparación da ABAU.

Matrícula en probas libres

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR MATRÍCULA EN PROBAS LIBRES NO CURSO 2019-2020

 

ATENCIÓN: TODAS AS copias deberán ir acompañadas do seu ORIXINAL, para seren cotexadas.

 

  • Sobre e impreso de matrícula

  • Recibo de ter efectuado o pago dos 1,12 €. correspondentes ao Seguro Escolar (os alumnos/as maiores de 28 anos están exentos de pagalo). Realizarase nas oficinas de ABANCA (antes Caixa Galicia), nº de conta ES54-2080-0233-1230-4001-0608.

  • Fotocopia do DNI

  • DÚAS fotografías de tamaño carné (non son válidas fotocopias), co nome e apelidos do estudante ao dorso.

  • Certificación académica dos estudos realizados para o alumnado procedente doutro centro educativo (aqueles que xa o entregaran en virtude de ter expediente e/ou matrícula no centro non precisan traer outro).

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet