Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Artes Gráficas
Premios Publicidade en Galego
Premios XVII Certame Publicidade en Galego: A estudante do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia, Andrea Miñones García, acompañada pola profesora María Salas, a directora Ana Roel e o xefe de estudos Manuel Felpeto, recolleu o primeiro premio do XXVII Concurso Publicidade en Galego outorgado polo Parlamento de Galicia. O traballo premiado foi o vídeo titulado "Somos un 60 % de auga".
Información sobre o ciclo plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
> 21.07.2020
Folleto informativo sobre o ciclo superior plurilingüe de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia.
Premio nos XXVI Premios Publicidade en Galego
Estudantes do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia obtiveron o premio de centros educativos na XXVI edición de Publicidade en galego convocado polo Parlamento de Galicia, a CRTVG e o Foro Enrique Peinador.
A entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela e participaron a profesora María Salas, que coordinou o proxecto ganador, e o estudantado:
- Ricardo José Palmeiro Quirós
- Sandra Porto Zapatero
- Lorena Gómez Díaz
- Sara Cruz Ledo
Premios para o IES Leixa
O estudante do ciclo medio de Preimpresión dixital José Antonio Lage Varela e o grupo do ciclo superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia veñen de gañar as dúas modalidades de imaxe gráfica e de audiovisual do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Currículos de Artes Gráficas
-
DECRETO 56/2016, do 14 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Deseño e Xestión da Produción Gráfica.
- DECRETO 58/2016, do 14 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.
Lexislación
Normativa:
Ley 23/2011, de 29 de julio, de depósito legal (BOE de 30.07.2011)