Formación Profesional

FORMACIÓN PROFESIONAL

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

 

Estimados alumnos, deixo neste apartado toda a oferta de ciclos de Formación Profesional da nosa CC.AA.

Seguidamente, engado o enlace para acceder ás diferentes familias profesionais  (agraria, sanidade, artes gráficas, actividades físicas e deportivas, hostalaría, etc…) .nas que se agrupan os diferentes graos de FP  (básico, medio e superior) . Existen un total 24 familias profesionais, en cada unha delas podedes consultar:

- os graos que vos interesen (si estades en 4º de ESO ou 1º de BAC, buscaredes ciclos de grao medio “CM”, e si estades en 2º de BAC , ciclos superiores “CS”),

-os contidos que estudiaredes en cada un deles,

-postos laborais que poderedes desenvolver, etc….

-e ao final de cada folleto da familia profesional, aparecen os lugares de Galicia onde se imparten.

https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp

ESTADE ATENTOS (SOBRE TODO A PARTIR DO MES DE XUÑO)  A ESTE APARTADO DA PÁXINA WEB DO NOSO CENTRO, POIS IREI PUBLICANDO AS DATAS EO  PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE E MATRÍCULA NOS CICLOS DE FP, ASÍ COMO A CONVOCATORIA PARA SOLICITAR PRAZA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)

 

Se tedes dúbidas, pasade polo Departamento de Orientación, porfavor!! Estou tódolos recreos para atendervos, ou en calqueira outra hora entre as 11 e as 14 horas, salvo os venres que remato ás 12.35 horas.

Moita sorte a todos e todas.