ABAU e acceso á Universidade

ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE

ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE

Estimados alumnos, deixo neste apartado aspectos importantes sobre ABAU e ACCESO Á UNIVERSIDADE, ponderacións, notas de corte , protocolo sobre o xeito de proceder os días de exame da ABAU, horarios, etc…

Así mesmo ,podedes consultar a presentación empregada pola coordinadora da CIUGA na charla que tivemos o día 19 de abril no salón de actos.

Seguidamente engado dous enlaces nos que podedes ver preguntas frecuentes sobre a ABAU e o ACCESO a calqueira das tres  Universidades Galegas.(en caso de que queirades solicitar un grao fora de Galicia e non saibades xestionalo, pasade a falar conmigo)

 

RECORDADE QUE: Cómpre realizar a matrícula para a Universidade  desde un ordenador. Non é posible matricularse empregando un móbil.

Ao entrar por primeira vez no sistema cómpre ter coidado de non cambiar
o contrasinal por un automaticamente xerado, pois detectamos numerosos problemas de alumnado que despois non é quen de entrar novamente ao descoñecer ese contrasinal.

 

Se tedes dúbidas, pasade polo Departamento de Orientación, porfavor!! Estou tódolos recreos para atendervos, ou en calqueira outra hora entre as 11 e as 14 horas, salvo os venres que remato ás 12.35 horas.

Moita sorte a todos e todas.

 

PREGUNTAS SOBRE ACCESO Á UNIVERSIDADE

https://ciug.gal/gal/faq-acceso

 

PREGUNTAS SOBRE A ABAU

https://ciug.gal/gal/faq-abau

 

ESTADE ATENTOS (SOBRE TODO A PARTIR DO MES DE XUÑO)  A ESTE APARTADO DA PÁXINA WEB DO NOSO CENTRO, POIS IREI PUBLICANDO AS DATAS EO  PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE E MATRÍCULA) , CONVOCATORIAS DE PRAZAS EN RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS, ETC