ESTRUTURA FÍSICA DO CENTRO
O centro educativo está formado por dous edificios unidos a través dun paso exterior cuberto, situado entre eles. O edificio principal, onde se realiza la maioría das actividades educativas para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, ten 2 alturas (planta baixa e primeira planta). Cada planta presenta varios desniveis debido á pendente do terreo onde se sitúa. Por outro lado, o edificio anexo, que é de construción posterior ao anterior, tamén ten 2 alturas (planta baixa e primeira planta), e nel impártense as clases para o alumnado de Bacharelato, ademais de situarse algún aula específica como pode ser a aula de Tecnoloxía e varios despachos para os distintos departamentos didácticos.
Xunto a estes edificios, e separado a escasos metros cara o lado leste, encóntrase o polideportivo do centro, construído en varias fases ao longo de distintos anos. Todas estas construcións encóntranse nun recinto, con zonas verdes e unha preciosa carballeira, que está pechado por un aramado fixado sobre un muro de bloque de formigón con morteiro, dunha altura que varía entre os 2 e os 3’5 metros, dependendo da zona.
Edificio principal |
Edificio anexo |
Comunicación entre edificios |
Polideportivo |
Zona verde fronte á fachada principal. |
Carballeira |
A distribución dos distintos espazos no interior das edificacións do centro móstrase a continuación:
Planta baixa - Edificio principal
Planta alta - Edificio principal
Planta baixa - Edificio anexo
Planta alta - Edificio anexo
Polideportivo
En canto as instalacións específicas de uso didáctico o centro dispón de:
Ø Aula de idiomas.
Ø Taller de Tecnoloxía.
Ø Dúas aulas de informática.
Ø Aula de Debuxo.
Ø Aula de Música.
Ø Laboratorios de Física-Química, e de Bioloxía.
Ø Polideportivo.