Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Campaña de detección de SARS-CoV-2

O vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Premer na imaxe para máis información

Programa Alumnado Axudante

No curso 2020/21 ponse en práctica o programa Alumnado Axudante en 1º e 2º da ESO.

Consiste na selección dun grupo de alumnos/as en cada clase que desenvolven as seguintes funcións: escoitar e axudar aos compañeiros/as que o precisen, acompañar ao alumnado que se poida sentir só nalgún momento ou ao alumnado de recente incorporación.

O modelo de Alumnado Axudante é un programa que nos introduce no aproveitamento dun gran recurso humano: o propio alumnado. Diversas experiencias levadas a cabo en distintos centros educativos demostraron que, utilizando estratexias de axuda entre iguais, conséguese mellorar o clima do centro así como o desenvolvemento persoal e social dos axudantes e dos axudados/as.

Dende a coordinación de convivencia elaborouse unha presentación do programa que foi visualizada nas titorías por todos os cursos de 1º e 2º da ESO a finais do primeiro trimestre, coordinouse a selección do alumnado axudante e creouse unha materia en E-Dixgal para os titores de 1º e 2º ESO onde se publicaron diversas actividades para traballar a empatía, a escoita activa e a resolución de conflitos.

Reparto máscaras - Concellaría Educación e Deporte - Concello de Sada

No día de hoxe foron entregadas ao alumnado máscaras proporcionadas pola Concellaría de Educación e Deporte do Concello de Sada.

Achegamos carta ás familias

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Videoconferencias: Acceso Webex

Enlace acceso Webex

Que datos preciso para acceder?

  • Número de sala,
  • Enlace ou
  • Código de reunión e contrasinal

Quen facilita os datos?

O profesorado, empregando a mensaxería da Aula Virtual/E-Dixgal

Premer no enlace para completar información

Necesidades de conectividade e/ou equipamento dixital

Co fin de identificar as necesidades de conectividade e/ou equipamento dixital, pregamos que o alumnado responda ao seguinte cuestionario (cada alumno/a matriculado/a no centro deberá completar un formulario)

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAACrOHgdUQ0FIQzJITkJHR1NBNzE2MkJDMjg2WU9XTy4u

Servizo cafetería

O mércores 7 de outubro inicia a súa actividade

Información Comunidade Educativa

Prezadas familias:

Comunicamos a confirmación de dous casos COVID no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS 3.

Transporte escolar: Usuarios excepcionais

O alumnado de Bacharelato que así o solicitou xa conta coa autorización de uso excepcional.

Curso 2020/21: Novos espazos

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada, colaborou renovando a pintura do espazo.

Distribuir contido


by Dr. Radut