Skip to Content

Comunicacións para Pai/Nais

Actualización Aulas Virtuais

O 12 de abril, AMTEGA comeza un proceso de actualización do Moodle das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas á versión 3.9.13.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a finalización do mesmo (terá unha duración aproximada de 8 horas).

Saídas do alumnado de Bacharelato nos períodos de lecer

A partir do luns 18 de outubro, o alumnado de Bacharelato que porte carné poderá saír do centro durante os períodos de lecer.

O Consello Escolar do IES Isaac Díaz Pardo, en sesión ordinaria celebrada o 29 de setembro de 2021, acordou:

Autorizar as saídas voluntarias nos períodos de lecer do alumnado de ensino non obrigatorio. Esta autorización está limitada ao alumnado que curse ensinanzas de Bacharelato.

O centro recadará as correspondentes autorizacións dos proxenitores do alumnado menor de idade non emancipado, para o cal remitirá información completa ás familias. As autorizacións deberán ser entregadas na Secretaría do centro, con data límite 15 de outubro de 2021.

O alumnado de ensino non obrigatorio maior de idade e menor de idade que conte con autorización dos proxenitores para a saída do centro nos períodos de lecer deberá portar carné expedido polo centro aos efectos de facilitar a identificación ante o profesorado de garda.

O alumnado deberá observar en todo momento as medidas de seguridade previstas nos protocolos e recomendacións sanitarias e retornar á actividade lectiva en tempo.

As condutas contrarias á convivencia que se poidan producir no tempo que o alumnado pase fóra do centro rexeranse polo establecido na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Sección Bilingüe autorizada Curso 2021/22

Autorizada Sección Bilingüe - Educación Plástica, Visual e Audiovisual - 3º ESO - Inglés - Curso 2021/22

Orde do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

Autorización proxenitores incorporación alumnado Sección Bilingüe

Por acordo de Claustro e Consello Escolar:

As condicións de acceso do alumnado estarán determinadas polas cualificacións das materias de:

Inglés (2º ESO)

Educación Plástica, Visual e Audiovisual (1º ESO)

 

Prematrícula Curso 2021/22

Iniciado procedemento de prematrícula para o curso 2021/22 (para alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato)

Información trasladada nas aulas:

Reunións informativas centros adscritos

Álbum: CURSO 2020/21 -> Instalacións IES

Reunións informativas por videoconferencia Webex.

  • CEIP Sada y sus Contornos: mércores 9 de xuño, 19:00 horas.
  • CEIP Pedro Barrié de la Maza: mércores 16 de xuño, 19:00 horas. 

Cualificacións avaliación ordinaria 2º Bacharelato

Publicadas en Espazo Abalar. Premer en ordinaria para consultar as cualificacións. 

 

Nota informativa Servizos Sociais Concello de Sada: Formulario novas tecnoloxías

Dende Servizos Sociais do Concello de Sada, estamos a realizar unha investigación co fin de detectar a posesión de medios tecnolóxicos do alumnado dos centros educativos públicos de Sada. Isto é debido ao gran aumento do uso das tecnoloxías, no ámbito educativo, a raíz da pandemia Covid19. Os cuestionarios son completamente anónimos e pregamos a vosa colaboración que pode servir de moita axuda. O prazo para cumprimentalo é ata o venres 23 de abril. Grazas pola súa colaboración.

Acceso ao formulario: Medios tecnolóxicos dos que dispón o alumnado dos centros educativos do Concello de Sada

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdqa8VQ42YrQe7cU1MDt5F8H2yROHeosDGq2tP9zDr4-Ynp1A/viewform?usp=sf_link

Distribuir contido


by Dr. Radut