VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

Enviado por admin o Mér, 25/03/2015 - 06:07
26/03/2015 09:00
26/03/2015 14:25
Etc/GMT+1

O xoves 26 de marzo de 2015 os alumnos de 1º e 2º da ESO, asistirán ao salón do libro  de Pontevedra para o espectáculo "TECNOMAXIA".

Actividade organizada polos departamentos de Ciencias Sociais, Física e Química,Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.

PROXECCIÓN DE CURTAMETRAXES.

Enviado por admin o Lun, 23/03/2015 - 18:32
25/03/2015 11:00
25/03/2015 14:25
Etc/GMT+1

O próximo mércores día 25 de marzo ,os alumnos de 1º da ESO asistiran a unha proxección de curtametraxes  do FIC de Bueu (Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu), que se celebrará no auditorio do centro social do mar.

A actividade forma parte do proxecto interdisciplinar programado para este curso 2014-2015, polo profesor Xavier Blanco Castiñeiras.

Para a realización desta actividade contamos coa colaboración inestimable de Manolo Pena e do  concello de Bueu.

( categories: )

CHARLA SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO

Enviado por silvia o Ven, 06/03/2015 - 09:22
05/03/2015 09:40
Etc/GMT+1

8 de Marzo "Día Internacional da Muller.

O xoves 5 de marzo tivemos unhas charlas no centro sobre a igualdade de xénero dirixidas ao alumnado de 1º e 2º ESO, como complemento de outras actividades realizadas con motivo do 8 de Marzo "Día Internacional da muller".

( categories: )

Autorretratos - Plástica 4º ESO

Enviado por olalla o Mar, 24/02/2015 - 18:53

As alumnas de 4º ESO elaboraron, na materia de Educación Plástica e Visual, os seus autorretratos con lapis brando e difuminos. Podedes ver o proceso de creación no seguinte vídeo.

( categories: )

ENTROIDO 2015 - CONCURSO DE CARETAS E CABEZUDOS

Enviado por olalla o Lun, 16/02/2015 - 17:40

     O pasado venres tivo lugar no IES Illa de Ons unha pequena festa para celebrar o Entroido. Ademais de disfraces, bailes e comparsas houbo un concurso de gastronomía e outro de caretas e cabezudos. Neste último participaron alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO, que presentaron verdadeiras obras de arte creadas por eles mesmos. O xurado tivo realmente complicada a elección dos gañadores desta convocatoria.

Os gañadores e gañadoras do concurso de caretas e cabezudos deste Entroido son os seguintes:

CATEGORÍA:ELABORACIÓN

1º premio: ESTATUA MOÁI DA ILLA DE PASCUA – ANA QUEIMAÑO (3º A)

2º premio: NEMO – LUCÍA LÓPEZ (1º A)

3º premio: HOMER SIMPSON – JOÃO SILVA (3º A)

CATEGORÍA:CREATIVIDADE

1º premio: MÁSCARA AFRICANA – ALBA JUNCAL (3º B)

2º premio: PLATERO – CARMEN AGUETE (1º A)

3º premio: MORDECAI – MERCEDES PRETEL (3º C)

CATEGORÍA:SIMPATÍA

1º premio: DORAEMON – ÓSCAR GÓMEZ (1º B)

2º premio: NARANJITO – ÁNGEL PIÑEIRO (3º B)

3º premio: MAFALDA – CLAUDIA RIAL (1º A)

Durante o recreo do vindeiro venres (20 de febreiro) realizarase a entrega de premios.

 

( categories: )

Semana branca 2015.Leitariegos.

Enviado por admin o Ven, 13/02/2015 - 06:18

Sermana branca na estación de esquí de Leitariegos.Saímos o día 1 e voltamos o venres 5 .

Soportamos un temporal de neve e frío e tamén esquiamos , aínda que non tanto como quixeramos.

CONCERTO-PRESENTACIÓN DE "MANXADOIRA"

Enviado por admin o Mér, 28/01/2015 - 05:55

( categories: )

TALLERES REXURDIR.PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS

Enviado por admin o Mér, 21/01/2015 - 18:58
07/05/2015 11:55
07/05/2015 12:45
Etc/GMT+1

TALLERES REXURDIR DE PREVENCIÓN DAS  DROGODEPENDENCIAS.

 

1º ESO  (TITORÍAS: MÉRCORES 8:50-9:40)

DATAS: 4-11-18-25 de MARZO / 8 de ABRIL.

 

 

2º ESO (TITORÍAS: VENRES 9:40-10:30)

DATAS: 16-23-30 XANEIRO / 6-13  de FEBREIRO.

 

 

3º PDC  (XOVES 10:30-11:20 )

DATAS : 15-22-29 XANEIRO /12-19 de FEBREIRO.

 

 

3º ESO  ( TITORÍAS: XOVES 11:55- 12:45)

DATAS : 9-16-23-30 ABRIL / 7 de MAIO.

 

 

4º ESO (XOVES 9:40-10:30)

DATAS : 15-22-29 XANEIRO/ 12-19 de FEBREIRO.

( categories: )

Radio Illa de Ons

Enviado por olalla o Xov, 27/11/2014 - 14:41

     Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.

 

 

 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. Ata o momento o alumnado de 2º A, 2º B e 4º xa viviron esta experiencia e entrevistaron aos profesores Toño e José Luís e ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se levou a cabo esta última entrevista.

 

O Equipo de Dinamización Lingüística é quen promove esta actividade. Se queredes saber máis sobre outras propostas podedes acceder ao seu CADERNO DE BITÁCORA.

( categories: )

visita alumnado dos CEIPS de Montemogos e a Torre-Cela

Enviado por admin o Ven, 08/06/2012 - 06:03

O xoves 7 de xuño tivemos unha xornada de portas abertas co alumnado dos CEIPS de Montemogos, e a Torre-Cela.Foron un  total  de 29 alumnos-as que nos visitaron acompañados das súas titoras e das orientadoras.

Catro alumn@s  do IES Illa de Ons de 1º ESO actuaron como guías e ensináronlle as diferentes estancias do centro.No aula de música ofreceúselles un pequeno concerto por parte do alumnado de 2º da ESO.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

( categories: )
Distribuir contido