Skip to Content

Matemáticas

Rebusco

O alumnado de 1º de ESO participou onte no I REBUSCO, organizado polo Departamento de Matemáticas.

Traballaron en grupo, debían resolver acertixos, sopas de letras, probas escritas e de habilidade física,...

Auténticos campións!! Non se lles escapa nadiña...

III Concurso de Sudokus

Un ano máis, dende o departamento de matemáticas, realizamos en febreiro o III Concurso de sudokus.

Este ano, os gañadores son:

  • Enzo Maragoto (1º ESO)
  • Daniel Salgueiro e Miguel Fra (2º ESO)
  • Xenxo Salgueiro (3º ESO)
  • Brais Vidal (4º ESO)

Moitas grazas a todos e a todas polo esforzo realizado e parabéns aos gañadores!!!!!

 

Concurso de enigmas matemáticos

Un ano máis, o departamento de matemáticas organiza o VI Concurso de enigmas matemáticos que sempre ten unha grande acollida por parte do alumnado.

O concurso é sinxelo: “Resolve os enigmas que hai na plataforma EDIXGAL ou aula virtual  e gaña premios”.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Aprender a xogar coas matemáticas.
  • Fomentar a investigación.
  • Aumentar a capacidade crítica.

Nesta edición tivemos un empate na categoría de 1º e 2º ESO. As gañadoras son:

  • Nayara Piñón Espeso de 1º ESO
  • Emma Buján Rouco de 2ºESO

Na categoría de 3º e  4º ESO o gañador é:

  • Joel Míguez Castro de 4ºESO

Moitísimas grazas aos participantes e noraboa aos gañadores e gañadoras!!!!!!

 

 

Programación Didáctica: Matemáticas

Poñemos a disposición do alumnado e das nais e pais a Programación didáctica da materia Matemáticas en formato PDF.

CONCURSO DE ENIGMAS MATEMÁTICOS

O Departamento de Matemáticas organizou este curso, igual que en anos anteriores, un concurso de Enigmas matemáticos.

O gañador desta edición,  foi o alumno de 2º de ESO: Joel Míguez Castelo

Na mesma foto,  o gañador do concurso de Sudokus: Pablo Canoura de 1º ESO

 

 

Criterios calificación de Matemáticas

Podes consultar os criterios de calificación da asignatura de mátemáticas no ficheiro adxunto.

Programación de Matemáticas para o curso 2009-2010

 

Aquí podedes consultar a programación

Actividades e apuntes de matemáticas

Nos seguintes enlaces tés actividades de:

  • Estatística unidimensional, con táboas e gráficos manipulables se sabes cómo funciona unha folla de cálculo.
  • Estatística bidimensional
  • Simulación, para realizar experimentos de lanzamentos de dados e moedas ou extraccion de cartas dunha baralla, sen necesidade de contar, xa cho damos feito...

E tamén podes descargar apuntes sobre:

  • Polinomios nunha variable, a nivel de 3º e 4º de ESO.
  • Matemáticas comerciais básicas: Regras de 3, porcentaxes, repartos, cálculo de xuros, etc.
  • Definicións de figuras elementais no plano e no espacio (en castelán), ou se o prefires... 
  • Táboas de fórmulas de áreas e volumes.
  • Combinatoria, útiles para os cálculos de probabilidades.

Enlaces a páxinas web de matemáticas

Aqui tedes unha serie de enlaces para comprender mellor algúns conceptos matemáticos

Páxinas de contidos variados

Trigonometría:

Funcións elementais:

Ecuacións da recta e vectores:

Demostracións visuais do teorema de Pitágoras:

Contidos en 3º e 4º ESO

Accede a unha lista detallada de contidos da programación de matemáticas en 3º e 4º de ESO nos seguintes enlaces. Podes imprimir unha copia se o desexas.
Distribuir contido


by Dr. Radut