Skip to Content

Concurso de enigmas matemáticos

Un ano máis, o departamento de matemáticas organiza o VI Concurso de enigmas matemáticos que sempre ten unha grande acollida por parte do alumnado.

O concurso é sinxelo: “Resolve os enigmas que hai na plataforma EDIXGAL ou aula virtual  e gaña premios”.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Aprender a xogar coas matemáticas.
  • Fomentar a investigación.
  • Aumentar a capacidade crítica.

Nesta edición tivemos un empate na categoría de 1º e 2º ESO. As gañadoras son:

  • Nayara Piñón Espeso de 1º ESO
  • Emma Buján Rouco de 2ºESO

Na categoría de 3º e  4º ESO o gañador é:

  • Joel Míguez Castro de 4ºESO

Moitísimas grazas aos participantes e noraboa aos gañadores e gañadoras!!!!!!

 

 



page | by Dr. Radut