Club de Ciencias

Que sabemos da óptica?

O pasado martes 19 de outubro, anticipándose ós contidos da materia de Física de 2º de bacharelato, o alumnado de Ciencias de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha charla-demostración sobre os feitos que é capaz de explicar a óptica xeométrica.

Cal é a diferenza entre o sal de cociña de toda a vida e o sal en escamas?

O alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO estivo preparando disolucións de azucre, cloruro de sodio (o sal de cociña) e sulfato de cobre (II) para levar a cabo as cristalizacións de todos estes compostos.

De onde saen as cores dos fogos artificiais?

O alumnado de Afondamento de Química de 2º de bacharelato reproduciu un experimento de visualización de espectros de emisión á chama, onde a excitación con lume dalgunhas especies como o cobre ou o bario dá lugar as cores dos fogos de artificio. Este feito non pode ser explicado mediante o modelo atómico de Rutherford. Entra en xogo a cuantización da enerxía….

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer