Club de Ciencias

Día da da muller e da nena na ciencia

O pasado día 10 de febreiro, con motivo da celebración do día da muller e da nena na ciencia o 11 de febreiro, as alumnas do IES A Guía dos cursos de 3º e 4º ESO participaron na VII edición de #ElasFanCienTec organizado pola Universidade de Vigo. Ao longo da visita tiveron a ocasión de realizar diversos obradoiros científicos. Dende o IES A Guía queremos agradecer esta iniciativa á Universidade de Vigo e, en particular, ao CINBIO.

Club de ciencia: Xogamos coa difracción da luz

O pasado luns 6 de febreiro tivo lugar unha nova edición do club de ciencia do IES A Guía. Esta vez abordáronse dúas cuestións:

Por unha banda, o alumnado voluntario estivo observando o crecemento de colonias nas caixas petri sementadas no anterior club de ciencia, que podedes consultar nesta ligazón. Aquí podedes ver o resultado en imaxes:

colonias

Por outro lado, o alumnado puido experimentar co fenómeno da difracción da luz, mediante a construción dun espectroscopio empregando os materiais proporcionados polo proxecto "a caixa sostible", cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de montaxe e o resultado da difracción da luz mediante a cámara do teléfono móbil:

Clase práctica de como diseccionar un corazón de porco ao alumnado de Anatomía Aplicada

O martes, día 24 de xaneiro, visitou o IES A Guía o veterinario Carmelo Barreiro para ensinarlles ao alumando de 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada como diseccionar un corazón. O alumnado tivo a oportunidade de ver de preto como funcionan as aurículas, ventrículos, arterias e venas. Así mesmo, tivemos tempo para tratar diferentes patoloxías asociadas a este órgano. Dende o IES A Guía queremos agradecer a súa colaboración na formación do noso alumnado. Grazas!

corazon1

corazon2

Nova "quedada" do club de ciencia

O pasado luns día 16 de xaneiro tivo lugar unha nova edición do club de ciencia do IES A Guía. Nesta ocasión o alumnado participante levou a cabo unha análise da calidade de distintas mostras de auga, determinando o pH, a presenza de cloruros e de microorganismos grazas ao proxecto "a caixa sostible", cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de análise de microorganismos e as caixas petri cos diferentes cultivos:

club4

club5

Visita ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias visitou o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) onde lles explicaron o funcionamento do centro, as técnicas instrumentais que se empregan habitualmente na investigación no campo da química, da bioloxía e da física, así como asistir a diversos experimentos científicos da man do persoal do CIQUS.

ciqus

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer