Club de Ciencias

Sabes como facer xabón?

Esta semama o alumnado de 4º de ESO estivo fabricando xabón na materia de Física e Química. E ti...sabes como facelo?

1

Sabes como funcionan os avións? 2ª actividade do club de ciencia fóra das clases

Este luns 22 de Novembro, foi a quenda do club de ciencias para o alumnado de 1º de ESO do IES A Guía. Canto sabes de aerodinámica? Podes construír un avión que voe? Que distancia sobrevoou?

presentacion

Investigar co CINBIO

O alumnado do IES A Guía de:

  • Cultura Científica de 1º de Bacharelato,
  • Afondamento de Química de 2º de Bacharelato,
  • Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO,

participou na semana da ciencia do CINBIO (centro de investigación da Universidade de Vigo), indagando na localización do centro ou nos contidos das liñas de investigación, así como iniciándose no traballo científico tentando respostar as preguntas de: "Son supercatador/a?" e "Podo usar unha reacción para medir o tempo?"

reloxo

Dende o club de ciencia do IES A Guía queremos agradecer de xeito expreso ao CINBIO os materiais recibidos. Grazas!

Tensión superficial: 1ª actividade do club de ciencia fóra das clases

Este luns 15 de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e o de 1º e 2º de bacharelato poideron comprobar "in situ" as consecuencias da tensión superficial da auga

As aplicacións das forzas intermoleculares: os enlaces de hidróxeno nos cueiros de bebé

Nestes días o alumnado de Química de 2º de Bacharelato estivo separando o algodón dos cueiros de bebé (1) dun polímero (poliacrilato de sodio) que forma enlaces de hidróxeno coa auga. A mostra deste polímero sólido (2) é capaz de reter unha gran cantidade de moléculas de auga (3, 4, 5)!!!!! Ollo ao resultado (de 2 a 5).E ti..., sabíalo?

pañales

Arranca o club de ciencias o luns ao mediodía!!!!

O vindeiro luns día 15 novembro comezamos coas "quedadas" científicas. Trátase dunha actividade VOLUNTARIA. O alumnado interesado quedaría no centro o luns a mediodía [1 hora para comer (deben traer comida) + 50 minutos de actividades científicas + 20 minutos de descanso antes de comezar as clases de tarde]. Anímaste?

club

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer