Skip to Content

O uso problemático da tecnoloxía

Xornadas con familias organizadas polo Concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda, que se enmarcan no programa Refórzate, subencionado pola Consellería de Sanidade.

Máis información

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/2023

Na Orde do 20 de marzo de 2023 publícase a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Ligazón

 

Visita a InnovArt 2023 o día 13 de abril de 2023

InnovArt 2023 é un evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. Está organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Serán 51 alumos e alumnas acompañados por 3 profesores os que disfruten o próximo xoves 13 de abril na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela deste evento.

Ligazón

Horarios de exames de recuperación de materias pendentes da 3ª avaliación

No seguinte documento aparecen as datas e horarios das probas de recuperación de materias pendentes que se realizarán fóra do horario lectivo.

Folga do transporte escolar

A empresa adxudicataria do transporte escolar acaba de comunicar ao centro educativo que mañá día 31 de marzo non prestará servizo, polo que o alumnado deberá trasladarse ao IES pola súa conta.

Visita de autores: Eva Mejuto

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

Concurso Cartel Publicitario #EuSonPilabot

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot e queremos animar a todo o alumnado a participar no Concurso Individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar unha tableta! O prazo de inscrición remata o 14 de abril de 2023.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot 

Charla sobre consumo responsable con 1º e 2º da ESO

 

O alumnado dos cursos de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla sobre consumo responsable, organizada pola Escola Galega de Consumo. 

Nesta abordáronse diferentes aspectos sobre os xeitos de consumir coa finalidade de afondar na formación de consumidores e consumidoras concienciadas, responsables e comprometidos/as coa sostibilidade.

Ana Alonso na nosa biblioteca

 

Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias pero tamén as similitudes.

Saída a Ferrol do alumnado de 3º e 4º ESO

 

O pasado de 23 febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha saída a Ferrol organizada polos departamentos de Francés e Xeografía e Historia.

O alumnado de Francés asistiu á representación da obra Le Tour du monde de Nellie Bly, baseada na obra de Xulio Verne A volta ao mundo en 80 días. A función foi organizada para público escolar por BHM Produccións – La Bohème.

Distribuir contido


by Dr. Radut