Skip to Content

Terceiro trimestre

Concurso Fotografía matemática

A alumna Carmen Oubiña carballa gañou o X concurso de fotografía matemática do instituto con este traballo:

 

 

Certame de relato curto

 

Aló polo mes de febreiro varios alumnos e alumnas do Faro das Lúas participaron no VI Certame de Relato Curto da Fanpa de Pontevedra e cinco deles quedaron finalistas entre os case mil cen participantes desta edición. Parabéns a todos e especialmente a Wisam, Damien, Alba, Victoria e Javier.

 

Este luns, 11 de xuño, celebrouse o acto de entrega de premios no Pazo da Cultura de Pontevedra e alí foron os cinco acompañados polos seus pais e irmáns. O acto incluíu unha homenaxe ao autor Antonio García Teijeiro que lles dedicou unhas palabras de agradecemento e admiración aos participantes e que lles asinou os libros ao final. Tamén puideron gozar da magnífica actuación do coro do IES Xunqueira I e como non, todos recibiron un diploma acreditativo, un libro agasallo da editorial Kalandraka e, o máis importante, un exemplar do libro no que aparecen publicados os seus relatos.

 

Sabemos que xa están pensando no certame do ano que vén, así que ánimo e moita sorte, rapaces!

Máis fotos na galería

 

Enórmic Banda

 

Este ano o acto de presentación da revista Enórmic fíxose no noso instituto o día 6 de xuño. Asistimos ao acto case todos os autores e autoras dos cómics seleccionados nesta edición, case unha vintena de profesores dos distintos centros da comarca do Salnés e todo o alumnado de 1º A do Faro das Lúas. Isabel G. Avión e Mary Rodríguez faláronnos sobre a historia da revista e sobre os cómics deste ano, pero ademais algúns rapaces aproveitaron a ocasión para dicir unhas palabras de agradecemento e para falar das súas experiencias co mundo da banda deseñada. Entre eles, os nosos compañeiros Pablo Campos de 3º de ESO e Ainara Villanueva de 1º.

Máis fotos na galería

 

Saída a Areoso

 

Os rapaces e rapazas de 2º ESO, aproximadamente uns 36 alumnos e alumnas, acompañados por tres profesores do Instituto saimos o venres 1 de xuño desde a praia de Espiñeiro na Illa de Arousa cara o illote de Areoso acompañados por tres monitores. O tempo non acompañaba especialmente pero o máis importante é que non facia vento e cos neoprenos non tivemos ningún problema: ata pasamos calor.

O illote de Areoso atópase a 2 kms da praia de Espiñeiro. Todos saímos en Kaiaks de dous e en grupos mixto.

 

De camiño ao illote paramos nunha batea onde a a monitora explicounos a importancia do cultivo do mexilón nas nosas Rías

 

Unha vez chegados ao illote os rapaces e rapazas bañáronse na praia e xogaron a diferentes xogos propostos polos monitores que nos acompañaban.

O illote do Areoso é un espacio natural protexido. Fai pouco tempo descubríronse restos arqueolóxicos que desgraciadamente non pudimos chegar a ver debido ao aniñamento que impedía o acceso.

 

Máis fotos na galería

O MERCADO

 

O venres 1 de xuño os rapaces de 1º visitamos a praza de Vilanova en dúas quendas. Para a nosa sorpresa, estaba moi alegre e engalanada con motivo da celebración do Día Internacional dos Mercados que foi o 26 de maio.

Os praceiros e praceiras portáronse de marabilla con nós, contestándonos a todo o que lles preguntabamos e máis. Grazas a eles cubrimos rapidamente unha ficha na que tiñamos que escribir en galego os nomes dos peixes, verduras e froitas que había á venda ese día. E como traballamos tan rápido, aínda tivemos tempo de comprar algo de “merenda” antes de volver ao instituto.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut