CELEBRANDO AS LETRAS
Parabéns a Victoria, Rubén, Sergio, Pablo, Irina, Sabela, Rodrigo, Sindo, Ainara, Carmen e Valeria polos vosos premios e grazas por compartir as vosas creacións con todos nós.
Parabéns tamén ós presentadores Rosa e Pablo.
E nós seguimos celebrando o ano dedicado a Antonio Fraguas. Comezamos o curso recollendo lendas e agora continuamos coas adiviñas. Recompilastes unha manchea delas, así que agora toca compartilas. Recordade que o concurso comeza esta semana.