Estimadas familias
Unha vez que se aproxima o inicio do curso e co obxectivo de aclarar algunhas cuestións que nos están a preguntar, achegamos a seguinte información que esperamos resulte de interés.
PROTOCOLO COVID
Atopámonos nun curso que consideramos de transición entre a pandemia e a futura normalidade, que non vai permitir o relaxamento total no que ás medidas sanitarias se refire. O protocolo a aplicar actualizado pola Consellería, é basicamente o mesmo que o do curso anterior no que se refire ao uso de máscara, hixiene de mans, ventilación,...agás que se reduce a distancia interpersoal dentro das aulas que pasa de ser de 1,50m a 1,20m. Manteremos, pois, durante este curso as mesmas medidas excepto o horario de saída que será ás 14.10h para todo o alumnado (ou 15.00h nos ciclos os luns, mércores e xoves) e os recreos, que pasamos de ter tres franxas horarias a dúas.
ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO
O curso comeza o día 15 de setembro (mércores), agás 1ºFP Básica que comezará o 17 de setembro.
CURSO |
HORA/LUGAR |
1º ESO |
8.45 / Salón de actos |
2º ESO |
9.35 / Salón de actos |
3º ESO |
10.00 / Salón de actos |
4º ESO |
10.25 / Salón de actos |
1º BACHARELATO |
11.40 / Salón de actos |
2º BACHARELATO |
12.00 / Salón de actos |
1º FP BÁSICA |
8.45 / Salón de actos (venres 17) |
2º FP BÁSICA |
12.30 / Aula 108 |
1º CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS 1º CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 1º CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS |
12.15 / Salón de actos |
2º CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS 2º CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA 2º CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS |
12.45 / Salón de actos |