PXAD

A atención á diversidade pode considerarse como o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Neste sentido o Plan Xeral de Atención á Diversidade forma parte do Proxecto Educativo de Centro e é o instrumento que guía a planificación anual das medidas educativas de atención á diversidade do centro no marco da Programación Xeral Anual.