MATRÍCULA CURSO 2020/2021

ALUMNADO DO CENTRO NO CURSO 19/20:

Todo o alumnado do centro ten reservada praza para o curso que vén. O día 23 recollerán o sobre de matrícula e o día 1 de xullo traeranno ó centro debidamente cuberto e coa documentación necesaria (copia DNI, copia tarxeta sanitaria, 2 fotos, xustificante pago Seguro Escolar).

Todo o alumnado que desexe permanecer no centro deberá matricularse, independientemente das materias pendentes para setembro.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN:

O día 26 de xuño sairán publicadas as listaxes defenitivas de admitidos, dito alumnado poderá acercarse ás oficinas do Instituto con cita previa a recoller o sobre de matrícula os días 26, 29 e 30 de xuño. O día 1 de xullo traeranno ó centro debidamente cuberto e coa documentación necesaria (copia DNI, copia tarxeta sanitaria, 3 fotos).