IES EDUARDO PONDAL

Novas Erasmus

"RetratoAutorretrato". Lois Pereiro por Xosé Abad.

"Schuwarze Milch der Frühe" (Leite negro do abrente) foi o verso escollido por Lois Pereiro para acompañar esta fotografía. Pertence ao poema "Todesfugue" (Fuga da morte) de Paul Celán que recrea a experiencia do poeta xudeu nun campo Nazi. A foto, de Xosé Abad, debía ser personalizada polo retratado, aínda que neste caso foi o irmá de Lois Pereiro o encargado de escribir o verso e facer os retoques, seguindo as súas indicacións, por ter o pulso máis firme, como explica no prólogo ao libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro.

A forza descarnada de Lois Pereiro que nos mostran as fotos procede de que nos amosa a proximidade co óso, a esencia mesma á que conduce a obra. Alí non hai flacidez, senón esqueleto que quere converterse en pel.

Distribuir contido