IES EDUARDO PONDAL

Novas Erasmus

GALEGO

 

O galego é un barco que navega polos versos e verbas dos nosos poetas!

Entre todos encheremos co noso alento de vento as súas velas!

 


 

CINCUENTA ANOS DE LETRAS GALEGAS

Este dezasete de maio cúmprese o cincuenta aniversario da creación do Día das Letras Galegas. Medio século de homenaxe ás mulleres e homes máis significativos do panorama literario do país. É tempo de celebrar! É momento de lembrar aos autores e autoras que loitaron en prol da lingua e cultura galega!!

No primeiro andar do instituto tedes unha exposición dedicada aos cincuenta autores homenaxeados ata o momento, desde Rosalía a Valentín Paz Andrade. Animádevos a visitala e disfrutala! Este pequeno tributo foi posible grazas á inestimable colaboración do alumnado de 1º Bacharelato A e C, os cales se encargaron da redacción dos cartaces. Os grupos de 3º ESO A e B colaboraron na posta en marcha da exposición. Moreas de grazas a todos e todas!!

Valentín Paz Andrade. CEIP San Xoán de Filgueira. Power point sobre o poema "Cando ti volvas..."

 

 

"Cando ti volvas...", poema de Valentín Paz Andrade.
PRANTO MATRICIAL in memoriam Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Música: "Marcha procesional dos Matos" de Susana Seivane


 

TELEXORNAL VALENTÍN PAZ ANDRADE

Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade

 


Distribuir contido