Novas Erasmus

Un retrato de Darío Xohán Cabana por Sheila 3ºA

Buscamos ilustrustradores e ilustradoras para o noso blogue: retratos, caricaturas, collages, debuxos, etc. Estade atentos ás novas que vaian aparecendo. Podedes envialos a normalizalumnos@terra.com ou entregalos a algún membro de normalización: Eva, Isabel Segura, Diego... 

 

Especial larpeiros e larpeiras: As sobremesas do Magosto no IES PONTECESO

TODO UN ÉXITO, ISO É O QUE PODEMOS DICIR DO ÚLTIMO CONCURSO DE SOBREMESAS DE OUTONO QUE ACABAMOS DE CELEBRAR

DURANTE O MAGOSTO DO IES PONTECESO. SEN DÚBIDA, O NOSO INSTITUTO ESTÁ CHEO DE LARPEIROS E LARPEIRAS,

LAMBETEIROS E LAMBETEIRAS (QUE LLO DIGAN ÓS MEMBROS DO XURADO...) PERO TAMÉN CONTAMOS CUNS REPOSTEIROS E

REPOSTEIRAS EXCEPCIONAIS QUE COMPARTIRON CON TODOS NÓS ALGÚNS DOS SEUS SEGREDOS CULINARIOS.
AÍ VAI O

RECEITARIO DE POSTRES DE OUTONO QUE CREAMOS PARA ESTE MAGOSTO ASÍ COMO OS NOMES DOS GAÑADORES E GAÑADORAS

DO CONCURSO.

 

 

Máis fotos facendo clic na imaxe...

 

 

Xornada pola Ciencia en galego

   

O próximo xoves 4 de novembro imos falar de ciencia en galego e imos facelo con outros cen centros de ensino de Galicia. Na primeira imaxe podedes enlazar coa páxina na que se explican algunhas das actividades que se van a realizar en toda Galicia, incluídas as do noso IES. 

As nosas actividades serán as seguintes:

- A conquista do espazo. Unha historia da exploración do Sistema Solar. (Podes descargar aquí as imaxes da charla ou ler a principal fonte empregada para preparala)

- O programa Stellarium, un exemplo de software en galego.

- Como fabricar un planisferio estelar.(Podes descargalo premendo nas dúas imaxes da dereita)

- Observación do ceo nocturno. (Máis información na páxina do Departamento de CCNN)

- O númeroáureo e a serie de Fibonacci na natureza, arte,...

- Científicos galegos

- Convocatoria do II Premio de investigación científica Ángel Carracedo

- Videoconferencia dende o CERN

 

VISÍTANOS: Darío Xohán Cabana

 Darío Xohán Cabana visita o Couto con motivo do Outono Pondaliano. Está previsto que os alumnos e alumnas de 4º de ESO asistan á ponéncia  que o escritor e académico pronunciará o día 30 de novembro, titulada "De Pondal a Novoneyra".

Darío Xohán Cabana é poeta, narrador, ensaísta, tradutor de obras como A Divina Comedia de Dante ou o Cancioneiro de Petrarca. Unha das súas novelas máis coñecidas é Galván en Saor. PREME AQUÍ

 

GALVÁN EN SAOR

O corvo branco revoou tres veces sobre o petouto, e logo saíu largado cara ás carballeiras de Saor. O señor Galván montou na motocicleta e deulle ó pedal. O motor bruou poderoso. Meteu primeira cun rexo golpe de pé, soltou o embrague pouco a pouco e botou a andar pola estrada do Leste. Chegado á Valeca, colleu a man destra por entre a carballeiras de Calibón, en segunda e a medio gas.

Sentiu un berro de lonxe e meteu esporas ó cabalo. A súa negra armadura e o escudo coa sina do falcón vermello resoaban metalicamente cos golpes das ramallas máis baixas dos caxigos, pero séñer Galván corría a galope na dirección do berro, ata que chegou...Por que non buscas o libro na biblioteca e segues lendo?

 

 

Distribuir contido