Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Graduación de bacharelato. Promoción 2022-2024

PREME NA IMAXE

O xoves,16 de maio, celebramos o acto de graduación de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2022-2024. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. 

O propio alumnado organizou e amenizou o acto coa música e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Ademais dos emotivos discursos dos representantes dos grupos e titores, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Yara Sienra e María Montenegro nas modalidades de bacharelato de ciencias e ciencias sociais, respectivamente.

Parabéns aos novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Vento nas velas!!!

AdxuntoTamaño
Promoción 22-241.15 MB