Convocado fondo solidario de material escolar

 

Convocado o fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pódese acceder a toda a información relacionada nesta ligazón.

Graduación 2022/2023

 
O pasado martes día 16 de maio, o alumnado de 2º  de Bacharelato celebrou o seu acto de graduación no Centro Cultural Avenida de A Rúa.
 
O acto foi dirixido pola súa titora, Cutús, que comezou agradecendo ao Concello por ceder as instalacións, familias e alumnado para continuar  cun precioso video con imaxes das súas vivencias nestes anos e algunhas frases sobre o respecto, un valor fundamental que aprendieron durante o curso.

Día das letras galegas: Francisco Fernández Del Riego

Parte do noso alumnado participou no día das letras galegas lendo diversas composicións poéticas narrativas de Francisco Fernández Del Riego na biblioteca do centro. Ademáis, o noso alumno Martín amenizou o evento con distintas composicións de gaita, algunhas delas compostas por el mesmo. 

Probas de Acceso a Ciclos 2023-2024

 

   Saíu a convocatoria de probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio e superior para o curso 23-24. No seguinte enlace pode verse toda a información.

Distribuir contido